Skip to Content

INICIO DO CURSO 22-23 (2). PROCEDEMENTO DE ENTRADA DO PRIMEIRO DÍA

Xornada de inicio Curso 22/23

*     *     *

Imaxe1


    Este xoves día 8 de setembro comezan as clases en educación secundaria. O IES Plurilingüe Elviña recibirá ao alumnado desde as 08:30 na primeira xornada lectiva co horario completo.


PROCEDEMENTO DE ENTRADA
E RECEPCIÓN DO ALUMNADO

     O procedemento de recepción do alumnado realizarase en dúas tandas, a partir das 08:30 horas da mañá do seguinte xeito:

a) ás 08:30 entrará ao centro pola porta principal todo o alumnado de 2º, 3º, 4º ESO e dos dous cursos de Bacharelato dirixíndose ás súas aulas respectivas onde terán unha sesión inicial cos docentes que exerzan a titoría de cada nivel. O titor informará ao alumnado do calendario escolar, dos procedementos de traballo no centro e do seu horario de curso.

b) ás 08:40, despois da entrada de todos os demais grupos, entrará o alumnado de 1º ESO para unha recepción no salón de actos, onde o director, a xefa de estudos, a orientadora e os titores de cada grupo farán unha presentación en común do centro.

A partir desta sesión inicial, haberá clase normal en todos os cursos ata as 14:10 horas, hora de saída.


TRANSPORTE ESCOLAR

     Nesta primeira xornada escolar haberá transporte escolar. No centro estamos pendentes de que as compañías de buses contratadas pola Consellería de educación confirmen o horario das paradas. Unha vez esta confirmación se produza, ao longo da mañá do día 7 de setembro publicaremos os cadros de liñas e horario que nos trasladen neste mesmo espazo web.

     Debe terse en conta que os primeiros días soe haber desaxustes co transporte polo que é fundamental que:

a) só o alumnado que solicitou parada no momento de formalizar a matrícula ten dereito a transporte

b) o alumnado debe utilizar única e exlcusivamente a parada solicitada nos impresos de matrícula

c) o alumnado estea na súa parada con antelación

PUBLICACIÓN DE LISTAXES DEFINITIVAS DO FONDOLIBROS

PUBLICACIÓN DE LISTAXES DEFINITIVAS DO
FONDOLIBROS 2022-23

Publicación das listaxes

    Desde o día 22 de xullo as listaxes definitivas de asignación de libros de textos do fondo solidario 2022-23 están dispoñibles a través da Aplicación Fondolibros (sección cidadáns, accesible coa chave 365 ou con certificación electrónica). As listaxes impresas poderanse consultar na secretaría do centro a partir do martes 26 de xullo no horario de verán (10:00 a 13:00 horas). As listaxes definitivas asumen todas as correccións derivadas do período de reclamacións tras da publicación das listaxes provisionais.

 

HORARIO DE VERÁN DA SECRETARÍA DO CENTRO

HORARIO DE VERÁN DA SECRETARÍA DO IES PLURILINGÜE ELVIÑA

Infórmase a toda a comunidade escolar que, a partir do martes día 12 de xullo, a secretaría do IES Plurilingüe Elviña pasará a atenderlles no seguinte horario:

Entre 12 e 31 de xullo10:00 a 13:00 horas
Mes de agostoPECHADA
Setembro09:00 a 14:00

PUBLICACIÓN DAS LISTAXES PROVISIONAIS DO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO

PUBLICACIÓN DE LISTAXES PROVISIONAIS DO
FONDOLIBROS 2022-23
(Actualizado a 19/07/2022)

Actualización das listaxes

Publícanse as listaxes provisionais actualizadas tras a resolución das reclamacións presentadas e a actualización de datos de matriculados. Teñan en conta que estas circunstancias alteran o reparto de grupos. As listaxes poden consultarse a través da aplicación informática do fondo libros ou no taboleiro de anuncios da secretaría do centro.

 

Publicación de admitidos e excluídos

     O día 11 de xullo a partir das 22:00 horas publicaranse as listaxes de asignacións provisionais do Fondo solidario de libros de texto para o curso 2022-23. Lembren que:

A. as listaxes só poden consultarse no taboleiro de anuncios da secretaría do IES Elviña a partir das 10:00 horas do día 12 ou desde o mesmo instante da súa publicación a través da sección de cidadáns da aplicación informática do fondolibros se dispoñen de certificación electrónica ou chave 365.

B. nas listaxes provisionais NON SE FAI ASIGNACIÓN DE LIBROS, só se informa da cantidade mínima de libros que lle corresponden a cada solicitante por renda. A asignación de libros faise nas listaxes definitivas do día 22 de xullo.

C. as persoas solicitantes que aparecen excluídas do Fondolibros poden estalo por distintas causas:

a) problemas cos datos fiscais: as bases de datos de facenda non reflicten datos fiscais dalgún membro da unidade familiar (deben aportar a documentación necesaria na secretaría do centro)

b) problemas coa documentación: deixaron sen entregar documentación necesaria

c) devolución de libros incompleta: deixaron libros da convocatoria 21-22 sen devolver

d) matriculación pendente: téñase en conta que as persoas que formalizasen a matrícula o mesmo día 11 de xullo aparecen rexeitados porque a aplicación tarda un día en volcar os datos de matrícula. Sairán aceptados nas listaxes definitivas.

e) outras causas de exclusión: deberá aportarse documentación necesaria, de ser o caso.


Subsanación de carencias ou erros

   Os solicitantes poderán subsanar as carencias de documentación ao longo desta semana, pero non se actualizarán os seus datos ata a publicación das listaxes definitivas.

Vales de material

    Os vales de material que aparezan xa asignados nas listaxes provisionais poderán recollerse na secretaría do centro a partir do xoves día 14 de xullo no horario de atención de verán (de 10:00 a 13:00 horas de luns a venres laborables).

ADMISIÓN DE ALUMNADO EN CICLOS DE FP BÁSICA

PUBLICACIÓN DAS LISTAXES

DEFINITIVAS DE ADMISIÓN

Á FP BÁSICA

Publicación de listaxes de asignación

   Hoxe día 21 publicáronse as listaxes de asignación de ciclos ao alumnado proposto desde os centros de ensino. Para realizar a consulta é necesario buscar na listaxe o código individual que todos os solicitantes recibiron cos resgardos de admisión.

Listaxe de asignación de prazas de FPBásica


   Os solicitantes deben acudir canto antes aos centros de destino para formalizar as matrículas nos ciclos no período e forma en que cada centro determine.

 

 Lexislación

   De acordo coa RESOLUCIÓN do 26 de maio de 2022, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento do proceso de admisión das ensinanzas de formación profesional de grao básico para o curso 2022/23 que actualiza para a presente convocatoria a ORDE do 13 de xullo de 2015 pola que se regulan as ensinanzas de formación profesional básica na Comunidade Autónoma de Galicia, así como o acceso e a admisión nestas ensinanzas, os centros de ensino secundario teñen desde este ano a responsabilidade de xestionar a admisión do alumnado que os equipos docentes de secundaria propoñan á FPBásica.

Resolución provisional do proceso de proposta de alumnado

   En virtude desta lexislación, e seguindo os prazos referenciados na normativa, rematou o pasado día 6 de xullo o proceso de selección e de proposta de alumnado. Publícanse, polo tanto, hoxe venres 8 de xullo as listaxes provisionais de alumnado oficialmente proposto desde os centros de ensino secundario a ciclos de FP de grao básico. Estas listaxes poden ser consultadas mediante o código de seguridade entregado co resgardo de admisión por todos os interesados no portal de FP da Consellería de cultura. O alumnado proposto polo IES Plurilingüe Elviña pode consultarse nas páxinas 35 a 38 do documento.

   De detectar algún erro ou carencia nas listaxes, o alumnado proposto deberá comunicalo na secretaría do IES Elviña antes do día 12 de xullo, cando remata o prazo para a súa subsanación.

Calendario FPB

 

Distribuir contido


by Dr. Radut