Centro

Actividades para todo o centro

Entrevistas sobre a vida laboral

O alumnado participante no proxecto Tunnel of Time entrevistou a persoas xubiladas, en activo e responsábeis de negocios ou empresas locais de cara a obter unha modesta visión interxeracional. Os resultados compártense cos obtidos polos países socios e coméntanse nos espazos comúns e reunións internacionais.

TORNEO DE BÁDMINTON IES LAXEIRO 2019

Arranca o torneo de bádminton do IES Laxeiro cunha nutrida participación das alumnas e alumnos do centro. A competición ocupará unha boa parte dos recreos e contará con modalidade de individual feminino, individual masculino, dobres feminino e dobres masculino (en realidade mixto pois algunha das parellas é mixta). Ao torneo tamén se sumaron algunhas profesoras do centro.
Os dezaoito grupos xogarán durante este trimestre unha primeira fase de liguiña para rematar posteriormente cunha fase eliminatoria. O calendario de partidos e toda a información relativa ao torneo atópase exposta no taboleiro do ximnasio así como na pantalla informativa do vestíbulo do paviln B.

badm

 

 

Destacada participación do IES Laxeiro no campionato escolar de campo a través

Preto de 900 escolares da comarca do Deza participaron na fase zonal do campionato escolar de campo a través, enmarcado no programa XOGADE. O IES Laxeiro competiu con 75 alumnas e alumnos de 1º, º e 3º de ESO, desafiando ás duras condicións meteorolóxicas, con moito frío e abundante choiva. As profesoras Sara, Olalla, Cristian e Ricardo exerceron as labores de acompañamento e preparación.

O equipo do Laxeiro completou unha notoria participación coa práctica totalidade dos-as atletas, nas distintas categorías, finalizando as carreiras e acadando varios podiums.

Os-as medallistas son:

  • Luís León, de 1º de ESO, prata en categoría infantil.
  • Mencía Payo, de 3º de ESO B, prata en categoría cadete feminino.
  • Claudia Ferradás, de 2º de ESO A, bronce en categoría cadete feminino.
  • Nuno Rivero, de 2º de ESO , prata en categoría cadete masculino.

Parabéns para todas-os  os-as participantes!

   

Obradoiro e contacontos con marionetas no CEIP M. Rivero

No derredeiro día do meeting in Spain, as alumnas e alumnos dos catro países socios participaron nun obradoiro co alumnado dos tres cursos de Educación Infantil do CEIP M. Rivero. Organizados en grupos multinacionais, elaboraron marionetas que usaron para contar unha historia dunha nena moi interesada nunha profesión tradicionalmente masculina e promover a igualdade de oportunidades.

Entrevistas sobre igualdade

Os nosos alumnos e alumnas realizaron máis de oitenta entrevistas/enquisas a persoas de diferentes grupos de idade para obter unha visión sobre asuntos de xénero ao longo de distintas xeracións. Este foron os resultados:

Percorrido literario polos países socios no proxecto

Na tarde do luns 28 de maio, durante o meeting in Spain, a profesora de Lingua Galega Gracia Santorum dirixiu un interesante percorrido pola presenza finesa, turca e francesa na nosa literatura; alumnos e alumnas anfitrións leron en galego fragmentos dalgunhas das obras literarias mentres que os/as acollidas/os o fixeron en inglés (nalgún caso ao revés, cun agradable e sorpresivo resultado).

Reunión transnacional Erasmus+ no IES Laxeiro

Do xoves 24 de maio ao mércores 30 recibiremos a visita de estudantes e profesoras dos países socios no proxecto Erasmus+ Tunnel of Time, no que participa o IES Laxeiro. Un total de 15 alumnas e alumnos procedentes de Finlandia, Francia e Turquía, acompañadas por seis profesoras, dúas por cada país socio, convivirán con familias lalinenses e participarán nas actividades escolares dos estudantes do IES Laxeiro. O proxecto implica a realización de obradoiros, actividades culturais e a integración nalgunhas horas lectivas por parte de estudantes e profesores visitantes.

No IES Laxeiro sentímonos moi honrados de participar no proxecto coa escolas:

cartaz ToT

 

Distribuir contido