Orientación

AXUDAS PARA A FORMACIÓN EN LINGUAS EXTRANXEIRAS 2023

ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS (ANO 2023) PARA ALUMNADO DE BACHARELATO 


A Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades convoca un total de 152 axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras dirixidas ao alumnado de 1º e 2º de Bacharelato. O prazo remata o 14 de marzo. 
Pódese ampliar información aquí e tamén contactar co departamento de orientación do noso centro.

PROBAS LIBRES PARA A OBTENCIÓN DO TÍTULO DA ESO E DO BACHARELATO

PROBAS LIBRES PARA A OBTENCIÓN DO TÍTULO DA ESO 
O alumnado maior de 18 anos poderá presentarse a unha proba libre para a obtención do título da ESO no mes de maio e setembro. 
Os prazos de matrícula son: 

  • Convocatoria de maio: 6 de marzo ao 16 de marzo de 2023, ambos os dous incluídos.
  • Convocatoria de setembro: 3 de xullo ao 10 de xullo de 2023, ambos os dous incluídos.

Pódese ampliar información aquí e tamén contactar co departamento de orientación do noso centro. 
 
PROBAS LIBRES PARA A OBTENCIÓN DO TÍTULO DE BACHARELATO 
O alumnado maior de 20 anos poderá presentarse a unha proba libre para a obtención do título de Bacharelato. O período de inscrición na proba estará comprendido entre o 6 e o 15 de marzo de 2022. 
Pódese ampliar información aquí e tamén contactar co departamento de orientación do noso centro.

AXUDAS NEAE

Lembrámoslles as familias do noso alumnado que está aberto o prazo para presentar solicitude de axuda para o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo para o curso 2022-2023. Este prazo remata o venres 30 de setembro.

Pode consultarse a convocatoria e demais información AQUÍ.

Para calquera dúbida relacionada con estas bolsas poden dirixirxe ao departamento de orientación do centro.

 

PROBA ABAU 2022

Xa están publicadas as datas das probas ABAU do curso 2021-2022.

 A convocatoria ordinaria será os días 7, 8 e 9 de xuño.

 A convocatoria extraordinaria será os días 12, 13 e 14 de xullo.

 Podes consultar toda a información sobre as probas na páxina da CIUG: https://ciug.gal/gal

Video informativo:

RECOÑECEMENTO PARA OLALLA AÑÓN, DOCENTE DO LOSADA

Olalla Añon, docente do IES Plurilingüe Antón Losada Diéguez, foi unha das dúas finalistas da bolsa que convocaron  Fundadicón María José Jove e o Instituto Galego do TDAH e Trastornos Asociados (Ingada). A nosa compañeira recibiu unha mención polo seu traballo ESTRATEXIAS A DESENVOLVER CO ALUMNADO DE TRASTORNO POR DÉFICIT DE ATENCIÓN E HIPERACTIVIDADE. 


Olalla recibe o diploma de mans de Ángel Carracedo

 

Máis info na nova da Consellería.

Noticia no Faro de Vigo

Noticia La Voz de Galicia

Entrevista no Faro de Vigo (09.06.21)

INFORMACIÓN SOBRE AS ABAU 2021

Xa están publicadas as datas provisionais das probas ABAU do curso 2020-2021.

A convocatoria ordinaria será os días 8, 9 e 10 de xuño.

A convocatoria extraordinaria será os días 13, 14 e 15 de xullo.

NOVO: Calendario centros PROBAS ABAU (8 de abril): Calendario ABAU

Podes consultar toda a información sobre as probas na páxina da CIUG: https://ciug.gal/gal

Video da Ciug con indicacións para o alumnado:

Tamén podes consultar e descargar a presentación informativa, realizada polo Departamento de Orientación, picando NESTE ENLACE.

PROTOCOLO DE SEGURIDADE DAS PROBAS ABAU NESTE ENLACE

I MOSTRA DE ORIENTACIÓN EDUCATIVA E PROFESIONAL DO CONCELLO DA ESTRADA

 

Os centros de secundaria  xunto co Concello da Estrada organizan a I Mostra de Orientación Educativa e Profesional na nosa vila. Trátase dunha novidosa iniciativa que pretende xuntar esforzos e ofrecer a toda a comunidade educativa estradense, familias, alumnado e profesorado unha serie de actividades divulgativas das diferentes posibilidades que ofrecen os centros educativos así como as universidades e outras entidades.

Na Mostra participa activamente o IES Antón Losada Diéguez que manterá stands informativos de todas as familias profesionais que se ofertan no centro realizando diversos obradoiros dirixidos a todos os asistentes á feira.

A visita á Mostra, que se celebra nas instalacións da Fundación do Moble, é gratuíta pode facerse no horario que se indica no programa que se achega.

O contido da actividade e os horarios poden consultarse e descargarse picando AQUÍ:

FOLLETO PROGRAMA DA MOSTRA DE ORIENTACIÓN DA ESTRADA