PASANDO PÁXINAS

A biblioteca do MGB pon en funcionamento o blog "Pasandopaxinas" co obxectivo de achegarse a toda a comunidade educativa e facela partícipe das actividades que se poñan en marcha. E comeza ademais coa convocatoria dun concurso de microrelatos "Le, Matina, Relé". Faille unha visita! (e deixa un comentario...)

CONSELLO ESCOLAR 20/11/07

O vindeiro martes 20 de outubro ás 12:25 horas celebrarase unha reunión EXTRAORDINARIA do Consello Escolar do MGB. Preme aquí para descargar a convocatoria en pdf.

CHARLA CAIXA GALICIA

O xoves día 15 de novembro do 2007, Marcos, da "Obra Social CaixaGalicia", deu unha charla no noso centro aos alumnos de Economía de 1º Bacharelato D e aos alumnos de Taller de Emprendedores de 3º ESO.

PREMIO Á INNOVACIÓN EDUCATIVA

ÁLVARO PÉREZ VILARIÑO, profesor de Latín deste centro, conseguiu un terceiro premio no concurso de Premios á innovación educativa, convocado pola Consellería de Educación, na modalidade A, que recolle "Experiencias educativas que supoñan innovacións metodolóxicas e didácticas sobre calquera área", co traballo "A web 2.0 na didáctica das clásicas".

TEATRO VILAGARCÍA

O vindeiro venres 23 de novembro os alumnos de 3º e 4º ESO irán a Vilagarcía a ver unha obra de teatro do Centro Dramático Galego "Noite de Reis". Sairán do centro ás 9:35 horas e regresarán ás 14:25.

II ENCONTRO DE DIRECTIVOS

A dirección do MGB vén de participar, o pasado mércores 14 de novembro, nos II ENCONTROS DE DIRECTIVOS DE IES DE GALICIA, celebrados no MUPEGA (Museo Pedagóxico de Galicia), e organizados por A.D.D.I.G.A (Asociación de directores e directivos de IES de Galicia)

CLAUSTRO EXTRAORDINARIO 20/11/2007

O vindeiro martes 20 de novembro ás 10:25 horas celebrarase unha reunión do claustro de profesores con carácter EXTRAORDINARIO. Preme aquí para descargar a convocatoria en pdf.

COMO CHEGAR A CASA LAGOEIRO

Aquí tedes un plano para chegar á casa Lagoeiro. Para poder velo mellor preme nel.

 

VIAXE Á NEVE(ANDORRA)

O vindeiro mes de xaneiro os alumnos de 4º ESO,1º e 2º Bacharelato irán de excursión á neve (Andorra).Sairán o sábado 26 de xaneiro do 2008, ás 21:00 horas e o regreso será o sábado 2 de febreiro do 2008 ás 12:00 horas

EXCURSIÓN ÁS MÉDULAS

Por motivos de organización a excursión ás Médulas queda aprazada ata novo aviso.

VISITA A METEOGALICIA

O vindeiro 28 de novembro os alumnos de 2º de Bacharelato B,C,D visitarán as instalacións de Meteogalicia en Santiago.Saírán do centro as 9:20 horás e regresarán as 14:25 horas.

EXCURSIÓN ÁS MÉDULAS

O vindeiro luns 12 de Novembro os alumnos de Cultura Clásica de 3º,4º ESO C,1º e 2º Bacharelato de Humanidades irán ás Médulas en Ponferrada.Sairán do centro ás 8:45 horas e voltarán as 20:30 horas aproximadamente.

DISCURSO DE INAUGURACION 2007/08

O MGB publica na súa web o discurso de inauguración do curso 2007/2008 pronunciado por D. Olimpio Arca Caldas o día 19/09/2007, acompañado das fotografías de Marcos Míguez.

GALICIA DIXITAL

O vindeiro martes 20 de Novembro os alumnos de 2º ESO visitarán a exposición "Galicia Dixital" e a exposición "Vivendas rurais do mundo" en Santiago. Sairán as 09:35 horás e regresarán as 14:25 horas

VISITA Ó PARLAMENTO

O vindeiro martes 6 de Novembro os alumnos de 1º Bacharelato D visitarán ó Parlamento e o CISC en Santiago deCompostela.Sairán do centro ás 8:45 e voltarán as 18:10

Distribuir contido