"MERCADILLO/RASTRILLO" PARA A EXCURSIÓN DE 4º DE ESO

A partir da semana que vén, alumnos e alumnas de 4º de ESO colocarán durante os recreos, no corredor de entrada do instituto, un posto "mercadillo/rastrillo" para recaudar fondos para a excursión de 4º. Ide aforrando para mercarlles algo Guiño.

MIRA POR ÉL

Hoxe xoves 8 de maio púxose en marcha  o Programa e campaña divulgativa "Mira por él", promovida pola da Consellería  de Cultura e Deporte a través da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural co fin de mostrar a riqueza do noso Patrimonio cultural galego. Dito Programa está destinado para os alumnos de 1º ESO e 4º ESO e ten unha semana de duración.

CONFERENCIA CAMBIO CLIMÁTICO

Hoxe mércores 7 de maio os alumnos de 4º ESO, das asignaturas de Bioloxía e de Ciencias do Medioambiente  e os alumnos de 3º ESO do PDC visitaron a exposición "Cambio climático"  no teatro Principal da Estrada.

Un alumno do MGB vencedor nunha carreira ciclista

O alumno do MGB Óscar González ven de gañar a carreira ciclista do "Trofeo Vila de Padrón", demostrando así que a caída sufrida na primeira proba da temporada non foi más que un pequeno contratempo. Esperamos que non sexa esta a única vez que cruce a meta en primeiro lugar.
prensa_oscar_gonzalez_BIS.jpg

ÉXITO NA I MINI OLIMPIADA GALEGA DE QUÍMICA

O alumno de 4º ESO Alejandro Cabal Tato clasifícase brillantemente na terceira posición para a fase final, sendo o primer alumno clasificado dun centro público. A alumna Paula Leis López tamén quedou clasificada para a fase final. Para máis información premer aquí

miniquimica_bis.jpg

COMISIÓN PEDAGÓXICA

Convócase á Comisión de Coordinación Pedagóxica, para o mércores 14 de maio de 2008. Para ver a orde do día, premer aquí.

CONTACTO COA NATUREZA

A actividade "Contacto coa Natureza" queda finalmente suspendida debido o baixo número de alumnos interesados e por motivos organizativos do centro.

Novo éxito dun alumno do MGB: Baile deportivo e de competición

O alumno de 1º de ESO, Manuel García, foi subcampeón galego junior da I edición do Campeonato Galego de Baile Deportivo e de Competición, celebrado en Narón o pasado 20 de abril. Parabéns ao noso alumno e á súa parella de baile, a tamén estradense Alba Martínez. Pódese consultar a nova da prensa pinchando aquí.

PREMIO Á INNOVACIÓN EDUCATIVA

O pasado venres 25 de abril celebroúse en Santiago o acto de entrega dos premios á Innovación Educativa na Consellería de Presidencia. A dito acto acudiu  ÁLVARO PÉREZ VILARIÑO, profesor de Latín deste centro, onde   recibiu  o terceiro premio de máns da Conselleira de Educación  polo o seu traballo "A web 2.0 na didáctica das clásicas".

VISITA AOS TELLADOS DA CATEDRAL

O vindeiro mércores 30 de abril os alumnos de 1º Bacharelato da asignatura de Relixión van visitar os tellados da Catedral de Santiago de Compostela. Sairán do centro ás 9:35 e regresarán ás 14:25 horas.

I MINI OLIMPIADA GALEGA DE QUÍMICA

Os alumnos Alejandro Cabal Tato, Alba Constenla Torrado, Lara Fuentes Enjamio e Paula Leis López  (4º ESO), dirixidos por Augusto Otero participarán na I Olimpiada Galega de Química organizada polo Colexio Oficial de Químicos de Galicia que celebrarase na sua fase de zona o venres 25 de abril na Facultade de Química da USC. Para máis información premer aquí

PERMISOS, LICENZAS, PERSOAL DOCENTE

Orde do 7 de abril de 2008 pola que se regula o réxime de permisos e licenzas do persoal docente. Para acceder a ela, premer aquí.

PLANS AUTOEVALUACIÓN E MELLORA CALIDADE

Convócase a selección e renovación de plans de autoevalución e mellora da calidade da educación en centros educativos para o curso 2008-2009. Para ver a orde, premer aquí.

CLAUSTRO EXTRAORDINARIO

Convócase Claustro extraordinario para o martes 22 de abril de 2008. Para ver a orde do día, premer aquí.

BOLETÍN Nº 4

A biblioteca publica o seu Boletín nº 4 onde dá a coñecer as actividades a celebrar o Día do Libro (23 de abril) e as propostas do plan de lectura "Tempo de LEceR".

Distribuir contido