Conferencia CAIXANOVA

O mércores 29 de outubro os alumnos de Economía de 1º Bacharelato asistirán a unha conferencia sobre o xogo "Play novos emprendedores" impartida por Gonzalo de Caixanova. Comenzará ás 9:30 e rematará unha hora despois.

Taller de Curtas

O vindeiro xoves 13 de novembro os alumnos de 4º ESO da asignatura de Tecnoloxía participarán nun "Taller de Curtas" no Certame Audiovisual de  Vilagarcía. Sairán do centro ás 9:00 horas e regresarán ás 14:25.

Plan Lector

Hoxe martes 28 de outubro empeza a funcionar no centro o Plan Lector destinado aos alumnos/as de 1º e 2º ESO. Neste plan os alumnos/as terán unha hora o día de dedicación a lectura na aula según un horario establecido e que poden consultar nos taboeiros das suas aulas.

Teatro en Santiago " Don Juan Tenorio"

O vindeiro xoves 30 de outubro os alumnos/as de 4º ESO asistirán a obra de teatro "Don Juan Tenorio" no Teatro Principal de Santiago. Sairán ás 10:30 horas e voltarán ás 14:25 horas.  

Claustro Ordinario

Convócase Claustro ordinario para o vindeiro mércores, 29 de outubro de 2008. Premer aquí para ver a orde do día.

Visita a Cerdedo

O vindeiro xoves 12 de novembro os alumnos de 3º ESO e 4º ESO da asignatura de Artesanía visitarán o Museo Etnográfico de Cerdedo, o Eirado de Pedre, a ponte de Pedre e o via-crucis de Quireza. Sairán ás 9: 00 horas e voltarán ás 14:25 horas ao centro.

Graffiti

O vindeiro martes 21 de Outubro, 25 alumnos de 1º ESO participrán na  actividade  Graffiti no IES Nº 1 acompañados cos profesores de plástica. Sairán as 10: 30 horas e actividade durará 50 minutos aproximadamente.

COMISIÓN PEDAGÓXICA

Convócase á Comisión Pedagóxica para o vindeiro mércores, 22 de outubro de 2008. Premer aquí para ver a orde do día.

Premio de Excelencia Académica

María Eugenia Guerra Vilar, alumna de 2º Bacharelato o ano pasado neste centro, obtivo o Premio de Excelencia Académica para o alumnado que inicia estudos universitarios. O vindeiro 29 de outubro recibirá a credencial oficial deste premio da man da Conselleira de Educación  nun acto que terá lugar en Santiago.  Desde aquí dámoslle o noso parabén.

Teatro en Santiago

O vindeiro 10 de novembro os alumnos de 1º ESO irán ao teatro a ver a obra "No me ralles" no Teatro Principal de Santiago. Sairán as 10:30 horas do instituto e voltarán ás 14:25 horas ao centro.

Proxecto Ríos

O vindeiro xoves 16 de Outubro os alumnos de 4º ESO irán ao río Liñares para facer unha mostraxe dentro do "Proxecto ríos". Sairán ás 10:30 e voltarán as 13:45 horas

Circular nº 2

Convócase unha reunión dos pais e nais do alumnado do centro cos titores e o equipo directivo. Premer aquí para acceder a circular.

Premios extraordinarios da ESO

O alumno Alejandro Cabal Tato participará maña, 8 de Outubro, nas probas  dos Premios extraordinarios da ESO. Ditas probas realizaránse no IES Sanchéz Cantón  en Pontevedra  dende ás 9:30 horas ata ás 14:00 horas.

Conferencia CAIXA GALICIA

O vindeiro venres 10 de Outubro ás 11:00 horas, na aula de Usos Múltiples,  haberá unha conferencia para os alumnos de Economía de 1º Bacharelato B e C.

Avaliacións iniciais

Premer aquí para ver o horario das avaliacións iniciais.

Distribuir contido