Comisión de Coordinación Pedagóxica

Convócase á Comisión de Coordinación Pedagóxica para o venres 20 de xuño de 2008. Premer aquí, para ver a orde do día.

Consello escolar extraordinario

Convócase consello escolar extraordinario para o vindeiro xoves 12 de xuño de 2008. Para ver a orde do día, premer aquí.

Claustro extraordinario

Convócase claustro extraordinario para o vindeiro xoves 10 de xuño de 2008. Para ver a orde do día, premer aquí.

Dormes?

O vindeiro mércores 18 de xuño, ás 21:30 horas, o "Taller de expresión artística" do MGB estreará no Teatro Principal da Estrada a súa segunda creación, unha montaxe titulada Dormes?.

Podedes visitar a súa web para máis información. 

dormes.png

Fin de tempada do clube de lectores

O pasado mércores 4 de xuño o Clube de Lectores do MGB NA ESTRADA-525 reuniuse para despedir esta tempada, onde compartiron lecturas, risas e fotos (e tamén pasteis e agasallos). E fixérono falando de literatura hispanoamericana, "América, América... máis ao Sur", como podedes ler no seu blog.
E agora que empeza o verán e con el o tempo de lectura para moitos, é máis que aconsellable unha visita a este blog na busca de "Letras frescas"...
libro+y+mar.jpg

Calendario escolar curso 2008/2009

Orde de 29 de maio de 2008 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2008/2009. Premer aquí.

Fotos da despedida dos alumnos de 2º de Bacharelato

Xa podes descargar dende este enderezo as mellores fotos do acto de despedida dos alumnos de 2º de Bacharelato celebrado a pasada semana no teatro Principal da Estrada.
2552793679_d871fc2a13.jpg

Implantación modalidades de Bacharelato

Segundo a orde do 29 de maio de 2008 (para vela, premer aquí), autorízase a implantación das modalidades de bacharelato de CIENCIAS E TECNOLOXÍA e HUMANIDADES E CIENCIAS SOCIAIS, no IES MANUEL GARCÍA BARROS.

Os actores de "Pradolongo" no MGB

Na mañá de onte os actores da película "Pradolongo" deron unha charla no salón de usos múltiples do MGB, onde comentaron todo o relativo á rodaxe e distribución desta película.
IMG_09072_3.JPG

Visita a Fundación Solaina de Piloño e á Fundación Neira Vilas

O vindeiro venres 6 de xuño os alumnos de 3º  ESO A e B visitarán primeiro a Fundación Solaina onde o seu presidente e artista Paco Lareo lles ensinará o Museo e realizarán distintas actividades de deseño. A continuación irán a Fundación Neira Vilas (Gres) onde o alumnado guiados por Don Xosé Neira Vilas visitará a Fundación que leva o seu nome. Sairán ás 8:45 horas e regresarán sobre ás 14:00 horas.

VI Concurso de Contos Aspamite

A alumna de 2º ESO C  Andrea Pérez Luengo resultou premiada co 1º Premio co traballo "Diario dunha nena triste" no VI Concurso de Contos Aspamite e  á tamén alumna de 2º ESO C Paula Rodríguez Villamayor concedéronlle un accésit polo seu traballo titulado "Verdade ou mentira" no mesmo concurso. O acto de entrega de premios tivo lugar o día 7 de xuño, ás 18:00 horas no Hotel Congreso. Dende o MGB felicitamos as dúas alumnas por cadanseu premio. Pinchando aquí pderás acceder á galería de imaxes da web do centro onde tedes un álbum con fotos da entrega de premios.

Acto de despedida 2º Bacharelato

O pasado mércores 28 de maio tivo lugar no teatro Principal da Estrada, o acto correspondente á despedida da promoción de alumnos de 2º de Bacharelato 2008. Se non puideches asistir podes ver este vídeo...

Viaxe a Lanzarote para alumnos de 4º de E.S.O.

Durante os días 14 a 19 do vindeiro mes de xuño, os alumnos de 4º da E.S.O. realizarán unha viaxe educativa polas terras de Lanzarote, onde visitarán os "Jameos del agua", a casa de César Manrique e o parque nacional do Timanfaya entre outras actividades. Acompañarán aos alumnos os profesores Antonio Chao e Esther Sánchez. Descarga o programa completo dende aquí.
lanzarote-map.jpg

Charla de informativa sobre as PAAU

Hoxe martes 27 de maio celebrouse no salón de actos do centro unha charla informativa sobre as PAAU (selectividade) organizada polo Departamento de Orientación. Como resumo informativo das mesmas pódense consultar os seguintes ficheiros:

Pradolongo

O vindeiro martes 3 de xuño os alumnos de 3º, 4º y 1º Bacharelato irán aos Multicines da Estrada a ver a película galega "Pradolongo". Deberán estar puntualmente no cine ás 16:30 horas e a película rematará aproximadamente ás 18:10 horas.

Distribuir contido