Educación Física

Centro activo MGB - Final de curso

Para finalizar este curso diferente pola COVID-19, pero que no centro quixemos que fose un ano activo, o luns 21 e martes 22 de xuño o alumnado do centro participou de encontros deportivos de diferentes modalidades deportivas.

Os resultados dos gañadores das finais aparecen na táboa:

Pero o máis importante foi a gran participación do alumnado, o respecto das normas nas xornadas deportivas e a inestimable colaboración do alumnado de bacharelato nas arbitraxes e organización.

Día da Educación Física na rúa

O alumnado do IES Manuel García Barros participou no día da Educación Física na rúa con varias actividades no centro da vila.

Novas na prensa:

Promoción da actividade física saudable no IES Manuel García Barros.

Na prensa local de hoxe, martes 27 de abril, recóllense de novo as iniciativas do noso centro para promocionar un estilo de vida activo e saudable no alumnado.

Na nova aparece destacada a participación na conmemoración do Día da Educación Física na Rúa, o día 28 de abril, onde o profesorado do departamento de educación física trasladará as súas clases á Praza da Constitución para darlle visibilidade a esta materia, fundamental na promoción da práctica de actividade física e nunha educación integral. 

Nesta ligazón podes ver a nova completa no Faro de Vigo.

Éxito do alumno Mehdi Nabaoui

O pasado sábado Mehdi Nabaoui acadou a primeira posición no Campionato de España Sub20 na proba dos 5000m.

Nova no Faro de Vigo

Os nosos parabéns unha vez máis!!

Novo éxito de Mehdi Nabaoui

A pasada fin de semana Mehdi Nabaoui proclamouse campión galego absoluto de 3000m.

Nova en La Voz de Galicia.

Novo éxito de Mehdi Nabaoui

A pasada fin de semana, Mehdi Nabaoui acadou o primeiro posto no CIII Campionato de España de Campo a Través Individual e Federacións, na categoría sub-20.

Noraboa!!

Nova no "Faro de Vigo"

 

Sub 20 H_El Mehdi EL NABAOUI (MAR)_0_2397_resultado.JPG

Novo éxito do alumnado do MGB

Comeza o ano con novos éxitos do alumnado do MGB no V Torneo de Badminton Deputación de Pontevedra.

Noraboa!!

Nova na prensa: Faro de Vigo

(Foto do Faro de Vigo)

BadminntoAEstrada.png

As gardas activas do MGB na prensa

A iniciativa Gardas Activas do departamante de Educación Física do MGB en prensa:

GardasActivas.png

GARDAS ACTIVAS: proposta de actividade no interior

Dentro das iniciativas do contrato programa que tenta incrementar a actividade física durante o horario lectivo, presentamos un video de baile, realizado por alumnado voluntario de 2º de bacharelato, adaptando un coñecido baile para poder practicar na aula, cando chove, sen moverse do posto (cumplindo coas medidas de seguridade para a prevención da COVID-19):

RETO ACTIVO MGB

Este curso no que precisamos coidar a nosa saúde máis que nunca, o departamento de educación física de MGB, queremos animarvos a facer actividade física en familia.

O beneficio da actividade física está demostrado en todas as idades e neste curso o alumnado deste centro pode sumar puntos en EF movéndose coa súa familia.

MOITO ÁNIMO E A MOVERSE!



Campionatos de Brilé

Esta semana comezaron os campionatos de Brilé, que teñen lugar nos 2º's reccreos dos martes e dos xoves, e que serán dentro do xinmasio ata que o tempo permita facelo fóra de xeito habitual.

Nesta ligazón podedes consultar os equipos e a orde dos partidos.

Viaxe á neve de 2º e 3º da ESO. Reunión coas familias.

O mércores 5 de febreiro ás 19:00h, as profesoras de Educación Físicas terán unha reunión informativa coas familias do alumnado de 2º e 3º da ESO que participa na viaxe á neve.

Éxito do MGB na IX San Silvestre Estradense

O pasado 31 de decembro o alumnado matriculado na materia de libre configuración de 2º de Bacharelato "Actividades Físicas Recreativas", acompañado polo profesorado responsable do Proxecto Deportivo de centro, familiares e alumnado doutros cursos do IES MGB, participou na IX San Silvestre Estradense, unha carreira solidaria e lúdica. 

Co lema  "+EF  no MGB", un total de 58 participantes acadaron o "trofeo ao grupo máis numeroso que participaba co mismo disfrace". Parabens aos participantes pola súa implicación e interese na promoción da necesidade de aumentar as horas lectivas de Educación Física  na etapa de Educación Secundaria.

sansilvestre.jpg

+Educación Física no MGB

Este 31 de decembro ás 17 horas celebrarase a carreira “IX Milla San Silvestre”, unha competición solidaria na que, a cambio dos dorsais, deberase entregrar un quilo de comida non perecedeira, destinada a Cáritas Parroquial (Operación quilo De Nadal).

Dende o grupo de alumn@s de Actividades Físicas e Recreativas de 2ºBACH, do IES Manuel García Barros, animámosvos a apuntarvos, e así conseguir o trofeo ao grupo máis numeroso co mesmo disfrace.

Poderedes inscribirvos até o 29 de decembro ás 23:59h na web Emesports.

Para máis información sobre a temática do disfrace, tedes que poñervos en contacto co alumnado de 2ºBACH (Actividades Físicas Recreativas) ou cas profesoras do Departamento e Educación Física.

image0.jpeg

Mehdi Nabaoui obtivo o 3º posto no Cross de Atapuerca

Parabéns polo seu novo éxito.

Nova no Faro de Vigo.

nabaoui-estrena.jpg
Distribuir contido