Educación Física

Deporte escolar

O vindeiro mércores 12 realizarase no colexio do Foxo unha xornada de deporte escolar conxuntamente cos centros ecducativos da zona.

Alumnos do MGB nun torneo nacional de Bádminton en Huelva

O pasado 8, 9 y 10 de outubro disputouse en Huelva o "GP" de categorías inferiores, sub13 e sub17. 

Pablo Sanmartín de 3º da eso gañou o campionato no individual masculino sub17 gañando na final a Xoel Liñares de 3º tamén do instituto A. Losada. Jose Manuel Padín quedou 3º nesa mesma categoría
En dobles masculino perderon na final Pablo e Xoel nun axustado terceiro set
En dobles femenino perderon tamén a final Ana Reino e Nerea Gestoso de 4º da ESO as dúas.
E xa para rematar no dobles mixto J.Manuel Padín e Andrea Gutierrez perderon a final nun axustadísimo terceiro set.

Podedes ver aquí todos os resultados..

Noraboa!

DSCF0207.JPG

CAMPIONATO PROVINCIAL DE ORIENTACIÓN

O pasado mércores 14 de abril celebrouse en Pontevedra o Campionato Provincial de Orientación17 alumnas e alumnos de 3º de ESO do IES MGB acudiron a cita que se desenvolveu na "Illa das Esculturas" dentro da zona deportivo-escolar da Xunqueira. Na competición participaron 7 centros e aproximadamente uns 180 deportistas nas categorías infantil e alevín. O MGB acadou o 3º posto por equipos na categoría Cadete. Asemade, Nerea Gestoso, obtivo o 2º posto na categoría cadete individual feminino. Noraboa a todos pola vosa participación.

Podedes ver imaxes dos nosos campións e campioas na correspondente galería de Flickr do MGB.

4537484461_44ff4beefd.jpg

Boa actuación de Ricardo Váquez na carreira de Monforte

O profesor de Educación Física do MGB Ricardo Vázquez quedou noveno na segunda carreira popular de Monforte, na que participaron 280 corredores, facendo un tempo de 22 minutos e 3 segundos, ao percorrer os sete kilómetros da carreira.

Dámoslle dende aquí a nosa noraboa

Un campeón de España no MGB

Pablo Sanmartín Andújar, alumno de 1º C de ESO do MGB é o novo Campeón de España de bádminton na categotía sub13, nas modalidades de individual e dobres. A competición celebrouse o fin de semana do 28 e 29 marzo en Sevilla. Desde aquí queremos felicitalo e animalo a continuar a súa progresión, así como eloxiar o traballo e a humildade que amosa día a día: noraboa.  

Novos éxitos dos deportistas do MGB

O pasado fin de semana Luis Manuel García (2º ESO) acadou o segundo posto no Campionato Galego de Baile de salón.

Por outra parte, os xogadores de bádminton Pablo Sanmartín (1º ESO) e Jose Manuel Padín (2º ESO) serán premiados na Gala do Deporte Galego polas medallas acadadas no campeonato de España 2008 na categoría sub-13. Nesta gala a Consellería de Cultura e Deporte otorga os Premios Nacionais do Deporte Galego.

Parabens aos tres deportistas. 

Participación d@s alumn@s do MGB no "Campo a través"

Este martes 18 de novembro celebrouse no CEIP do Foxo unha proba de "Campo a Través", dentro do programa anual de deporte escolar.

41 alumn@ de 1º e 2º do MGB participaron con notable éxito nesta competición. Pablo Sanmartín, Cristina González e Nerea Sanmatín acadaron a victoria nas probas das categorías infantil masculino, infantil feminino e cadete feminino. Cabe destacar tamén a actuación de Paula Otero e Oscar Durán que conseguiron un terceiro e un quinto posto na categoría infantil.

Queremos felicitalos a todos eles, e facer extensibles esta felicitación a tódolos participantes. Asemade, queremos dar a noraboa a organización da proba e agradecer o trato recibido o grupo de mestres do CEIP do Foxo. Parabens e grazas a tod@s.

Atletismo-Campo a través

O vindeiro martes 18 de novembro os alumnos de 1º e 2º  ESO participarán na actividade de Atletismo-Campo a través organizada pola Conselleria de Cultura e Deporte. Sairán ás 9:35 horas e regresarán ao centro ás 14:00

Felicitacións para @s deportistas do MGB

Iniciado o novo curso 08/09 @s deportistas do noso IES seguen demostrando a sú valía, acadando moi bos resultados nas súas correspondentes disciplinas deportivas. Desde o departamento de EF do MGB queremos felicital@s e darlles todo o noso ánimo, cunha mención especial para os seguintes:

  • Ana Reino (2º ESO), Nerea Gestoso (2º ESO), Pablo Sanmartín (1º ESO) e Diego Otero (4º ESO), polos resultados acadados nas primeiras probas do Circuito Nacional de Bádminton.
  • Miguel Carbajal (Profesor) polos resultados nas probas nacionais de Raid Hípico.
  • Lara Porto (2º ESO), polos resultados acadados na Reunión Internacional de Taekwondo de Pontevedra.

Non queremos esquecernos tampouco de tod@s aqueles que participan nas distintas competicións de fútbol, baloncesto, atletismo... Disfrutade do voso deporte e moito ánimo para tod@s.

Alumnas do MGB campionas de España de Bádminton

As alumnas do MGB Nerea Gestoso e Ana Reino, de 2º de ESO, acadaron a medalla de ouro nos campionatos de España de Bádminton na categoría sub15.

Noraboa e esperamos máis victorias!

Óscar González gaña outra carreira

O alumno do MGB Óscar González cruzou a liña de meta en primeiro lugar o pasado sábado na carreira ciclista correspondente ao "Trofeo Concello de Santiago". Ánimo Óscar, xa estamos agardando a seguinte victoria!
oscar_gonzalez_18_5_2008.jpg

Un alumno do MGB vencedor nunha carreira ciclista

O alumno do MGB Óscar González ven de gañar a carreira ciclista do "Trofeo Vila de Padrón", demostrando así que a caída sufrida na primeira proba da temporada non foi más que un pequeno contratempo. Esperamos que non sexa esta a única vez que cruce a meta en primeiro lugar.
prensa_oscar_gonzalez_BIS.jpg

Novo éxito dun alumno do MGB: Baile deportivo e de competición

O alumno de 1º de ESO, Manuel García, foi subcampeón galego junior da I edición do Campeonato Galego de Baile Deportivo e de Competición, celebrado en Narón o pasado 20 de abril. Parabéns ao noso alumno e á súa parella de baile, a tamén estradense Alba Martínez. Pódese consultar a nova da prensa pinchando aquí.

O equipo infantil do SP.Estrada clasificado fase ascenso

O equipo infantil do SP. Estrada ven de clasificarse para xogar a fase de ascenso a Liga Galega Infantil. Alumnos do MGB de 1º e 2º de ESO participarán nesta competición na que lles desexamos toda a sorte para ese ascenso tan desexado. Ánimo para: Marcos Reguiero, Ignacio Vázquez, Alberto Barros, Manuel Figuieras, Alberto Montero, Pablo González (todos de 2º ESO) e Adrian Cora (1º ESO). 

O alumno José Manuel Padín, subcampeón de España de Bádminton

O alumno de 1º de ESO José Manuel Padín finalizou segundo na modalidade de dobres sub-15 no campeonato de España de Bádminton celebrado en Oviedo o 15 e 16 de marzo. Desde o MGB felicitamolo e él a tódolos depostistas e adestradores do clube de A Estrada que participaron no campeonato.

Distribuir contido