Educación Física

Campionato de Campo a Través

Alumnado de 1º e 2º de ESO participará o vindeiro xoves 3 de decembro no "Campionato de Campo a Través" que terá lugar na praia fluvial da Estrada. Trátase dunha actividade organizada pola Xunta de Galicia dentro do programa de "Deporte en Idade Escolar". Estarán acompañad@s polos profesores do centro Juan Gago e Ramón Aller.

Sesións de Primeiros Auxilios

Alumnado de 4º da ESO e de 1º de Bacharelato da materia de Educación Física levarán a cabo durante a vindeira semana (do 9 ó 13 de febreiro) unhas sesións de primeiros auxilios na Academia Galega de Seguridade. Os contidos a desenvolver son os seguintes: secuencia da RCP básica, inmovilización da zona cervical, traslado dun accidentado, actuación ante patoloxías comúns coma hemorraxias nasais, queimaduras, golpes de calor, feridas, etc. As actividades terán lugar nas horas de docencia dos respectivos grupos.

Vídeo "As Olimpiadas", 1ºBAC-C

Presentamos hoxe o vídeo realizado pola alumna Alba Martínez, onde nos mostra a particular visión das Olimpiadas que teñen os alumnos de 1ºC de Bacharelato, nunha actividade do departamento de Educación Física, dirixida pola profesora Mary Villar.

II TORNEO DE FÚTBOL SALA "MGB"

Esta semana deu comezo o "II Torneo de Fútbol Sala MGB". Os partidos xogaranse no horario de recreo, con dúas categorías: 1º-2º ESO, e 3º-4º-BAC. Debido a falta de equipos non puidemos levar a cabo o torneo de Baloncesto e Voleibol. Esperamos que disfrutedes da actividade e que o xogo limpo e as gañas de facer deporte e divertirse sexan as protagonistas do evento. 

CAMPO A TRAVÉS

O pasado xoves 27 alumnos/as do MGB de 1º, 2º e 3º de ESO participaron na fase comarcal de Campo a Través, dentro do programa de deporte escolar. Os nosos alumn@s acadaron uns bos resultados, rematando todos as súas probas e ocupando, algúns deles, as primeiras posicións nas distintas categorías. Podemos destacar o 1º, 2º e 3º posto de Sandra Constenla, Jennifer Servide e Adela Díaz na categoría cadete feminina; o 3º posto de Luis Brea na cadete masculina; o 1º posto de Clara Rivadulla en infantil feminino; e o 2º e 4º postos de Alejandro Gulias e Hugo Escudero en infantil masculino. Parabéns a todos polos vosos resultados.

DEPORTE ESCOLAR. CAMPO A TRAVÉS

O vindeiro xoves, 30 de xaneiro, un grupo de 30 alumnos e alumnas de 1º, 2º e 3º da ESO do MGB participarán na fase zonal do campionato escolar de campo a través que se levará a cabo na localidade de Portas. Moito ánimo a todos e a pasalo ben con esta actividade. Manterémosvos informados sobre os resultados que acaden os nosos.

cros500.JPG

Novos éxitos das deportistas do MGB

As aslumnas do MGB Ana Carbón e Marta Sanamartín veñen de acadar o pasado fin de semana o terceiro posto no Campeonata de España de Bádminton na categoría sub-13 e na modalidade de dobres.

Por outra banda, Rosa Rivadulla e Laura De La Fuente, alumnas tamen do noso centro, acadaron o primeiro e terceiro posto respectivamente no Camponato Galego de ximnasia artística, nas modalidades de minitramp e cama elástica.

Desde o MGB queremos felicitar as catro deportistas e animalas a continuar adestrando e  demostrando que estudios e deporte son sempre compatibles. Noraboa.

Campeona de España de marcha atlética no MGB

A alumna do MGB Carmen Escariz Mella (3º ESO) ven de proclamarse Campeona de España de Marcha Atlética na proba celebrada en Málaga o pasado fin de semana. Desde o noso centro queremos darlle os parabens e animala a seguir adestrando e competindo. Noraboa.

I Campionato Fútbol Sala - Baloncesto MGB

Informamos a todos os alumn@s que o prazo de entrega dos equipos para o I Campeonato de Fútbol Sala e Baloncesto MGB remata o próximo xoves 11 de Abril. O venres 12 de Abril faremos unha reunión informativa no primeiro recreo para establecer o calendario de competición. A reunión terán que acudir os capitáns de cada equipo e realizarémola no ximnasio.

DEPORTE ESCOLAR - CAMPO A TRAVÉS

Este mércores 30 de xaneiro un total de 40 alumnos e alumnas de 1º, 2º e 3º de ESO do MGB participaron na fase local do Campo a Través dentro das competicións deportivas do Deporte en Idade Escolar. Xornada de chuvia e vento que non mermou as gañas de correr e competir dos centos de participantes que se xuntaron no circuito preparado para a ocasión no concello de Portas.

Boa actuación xeral dos nosos deportistas, na que podemos destacar o 1º posto acadado por Ana Carbón na proba infantil feminina, o 3º posto de Marta Sanmartín na mesma categoría, o 3º posto de Luis Brea na categoría infantil masculina e o 2º posto de Antía Paz na categoría cadete feminina. Salientar tamén o 4º posto de Manuel Vilar na categoría cadete masculina.

Sen embargo, non queremos quedarnos so cos postos honra, todos os participantes gañaron a súa proba, esa que supón superar un reto persoal, acadar a meta con esforzo e certas doses de sufrimento, intentar superarnos a nos mesmos e os rivais directos con deportividade... noraboa a todos e animádevos a seguir correndo.

DEPORTE ESCOLAR

Por mor das malas condicións meteorolóxicas, a proba de Cross que debía celebrarse hoxe venres ficou adiada para o próximo mércores 30 de xaneiro.

DEPORTE ESCOLAR

Este venres 18 un grupo de 40 alumnos e alumnas de 1º e 2º da ESO do MGB participarán na fase zonal do campeonato escolar de cross que se levará a cabo na localidade de Portas. Moito ánimo a todos e a disfrutar moito desta actividade. Manterémosvos informados sobre os resultados que acaden os nosos.

Por mor da climatoloxía,  a actividade deportiva foi suspendida. Terá lugar, se o tempo acompaña, o venres, 25 de xaneiro.

Noraboa a Fabián Penas

O alumno de 2º de ESO do MGB Fabian Penas ven de acadar o campeonato de España de bádminton sub-15 na modalidade de dobres. Fabian únese a longa lista de grandes xogadores e xogadoras do club Reale-Thebes de A Estrada que cursaron ou cursan estudios no MGB (Pablo Sanmartín, Ana Reino, Nerea Gestoso...). Toda a comunidade do MGB queremos felicitalo a el e aos seus compañeiros polos magníficos resultados que están conseguindo en competicións de ámbito nacional e internacional. Moito ánimo e seguir buscando novas metas.

DEPORTE ESCOLAR: CAMPO A TRAVÉS

O pasado xoves 28 alumnos e alumnas do noso centro participaron na fase local do campeonato escolar de Campo a Través celebrada no concello de Portas. Foi unha xornada deportiva magnífica na cal os deportistas disfrutaron tanto dun clima como dun circuito que permitían a práctica desta modalidade do atletismo nunhas condicións óptimas.

A nivel deportivo podemos salientar os resultados acadados polos alumnos do MGB nas categorías infantil masculina e feminina. Na primeira acadamos os dous primeiros postos da zona de A Estrada: Martín Varela (1º ESO) e Miguel Touceda (1º ESO). Na categoría infantil feminina as nosas alumnas ocuparon os tres postos de honra (1ª, 2ª e 3ª): Antía Paz, Loyola Fernández e Sandra Constenla (as tres de 1º de ESO) (ver álbum).  

Noraboa a todos polo voso esforzo e comportamento. 

6747623703_dc3c60d265.jpg

Iniciación ao Bodyboard e surf

O vindeiro martes, día 21, os alumn@s de 4º ESO A e B da sección bilingüe realizarán unha xornada de deporte: "iniciación ao bodyboard e surf" actividade incluída na programación de Educación Física dentro da Unidade Didáctica de "Actividades físicas no medio natural" . O lugar de realización será na praia de Bastiagueiro (Oleiros, A Coruña). o alumnado estará acompañado polo seu profesor de Educación Física e por monitores especializados na actividade.

Distribuir contido