Orientación

I Concurso ce Cartel Creativo "Moito AMOR pode chegar a ser..."

O pasado luns 13 de xuño, nas instalacións de Vithas Salud Fisium da Estrada, foron entregados os premios do I Concurso de Cartel Creativo "Moito AMOR pode chegar a ser...". Este concurso foi organizado polo Centro de Información á Muller (CIM) do concello, no marco do Obradoiro "Previndo a Violencia de Xénero e Compartindo a Vida en Igualdade" no que participou o alumnado de 2º de ESO.

Varias alumnas do noso centro resultaron gañadoras nas dúas categorías:

- Categoría individual:

1º Premio: Ana Gestoso Froján (2º ESO C).

2º Premio: Ángela Cabalar Prieto (2º ESO C).

- Categoría grupal:

2º Premio: Nerea Iglesias Cascallar, Marta López Gago e Cristina Ochoa Sánchez (2º ESO C).

Parabéns ás premiadas!

I Concurso de relatos "Tola/tolo de amor"

Onte, na Sala de Exposicións de ABANCA, foron entregados os premios do I Concurso de relatos "Tola/tolo de amor". Foi organizado polo Centro de Información á Muller (CIM) do concello da Estrada, no marco do Obradoiro "Previndo a Violencia de Xénero e Compartindo a Vida en Igualdade" no que participou o alumnado de 2º de ESO. Tres alumnos do noso centro resultaron gañadores na categoría masculina:

- 1º premio: José M. Rey Llobet (2º ESO B).

- 2º premio: Pablo Diéguez Rebolo (2º ESO A).

- 3º premio: Daniel Parada Figueiras (2º ESO A).

Máis información neste enlace.

Parabéns aos premiados!

"Mesa de traballo informativa"

Hoxe venres 27 de maio, de 13:35 a 14:25, terá lugar na Sala de Usos Múltiples do centro unha "Mesa de traballo informativa" para o alumnado de 1º de Bacharelato. Falarase fundamentalmente das diversas perspectivas profesionais en diversas áreas de traballo.

Talleres de igualdade e prevención da violencia de xénero

Hoxe martes 5 de abril comezan as sesións dos talleres de prevención de violencia de xénero para o alumnado de 2º de ESO. Terán lugar ao longo de seis martes, en horario de titorías. É unha actividade organizada polo departamento de Orientación en colaboración co Centro de Información á Muller (CIM) do concello da Estrada e a asociación Acrofam. Máis información neste enlace.

Charla da escritora Elena Martínez

O vindeiro mércores 6 de abril ás 10:45 horas a escritora Elena Martínez virá ao noso centro a falar da súa obra aos rapaces de 3º de ESO. Trátase dunha actividade organizada polo departamento de Orientación.

portada.jpg

Contido da charla da Selectividade 2016

Logo da charla organizada polo Departamento de Orientación e impartida polo profesor Augusto Otero (1 de abril) para o alumnado de 2º Bacharelato sobre a normativa vixente e aspectos prácticos da Selectividade adxuntamos fichero do contido da mesma que pode ser consultado neste documento.

Charla “SELECTIVIDADE 2016: NORMATIVA E ASPECTOS PRÁCTICOS”.

VENRES 1 de ABRIL todos/as os/as alumnos/as de 2º Bacharelato deberán asistir a unha charla organizada polo Departamento de Orientación e impartida por Augusto Otero, ás 10:45 horas en Usos Múltiples (duración: 3ª e 4º horas), sobre “SELECTIVIDADE 2016: NORMATIVA E ASPECTOS PRÁCTICOS”.


Para máis información sobre os contidos a tratar, premer nesta ligazón.

Campaña de prevención do acoso escolar

Onte foi presentada a campaña de prevención do acoso escolar na que participa o alumnado de 3º de ESO do noso centro. Trátase dunha actividade coordinada polo departamento de Orientación e levada a cabo pola asociación Acrofam, en colaboración coa concellería de Educación. Máis información neste enlace.

Conferencia de Santiago Martínez Suárez

O luns 16 de novembro, na Sala de Usos Múltiples do noso centro, terá lugar unha conferencia de Santiago Martínez Suárez, licenciado en Dereito e Máster en Márketing, Comunicación e Estratexia política.

Trátase dunha actividade organizada polo Departamento de Orientación e dirixida ao alumnado de 4º de ESO.

9k=.jpg

Charla de Andrea Magán Rey: "Mi experiencia universitaria"

O pasado martes 27 de outubro de 9:35 a 10:45 horas tivo lugar na Sala de Usos Múltiples do noso centro a charla "Mi experiencia universitaria" da estradense Andrea Magán Rey. Foi unha actividade organizada polo Departamento de Orientación, dirixida ao alumnado de 2º de Bacharelato.

Contido da charla da Selectividade 2015

Logo da charla organizada polo Departamento de Orientación e impartida polo profesor Augusto Otero (10 de abril) para o alumnado de 2º Bacharelato sobre a normativa vixente e aspectos prácticos da Selectividade adxuntamos fichero do contido da mesma que pode ser consultado neste documento.

Charla PAU 2015

O VENRES 10 de ABRIL todos/as os/as alumnos/as de 2º Bacharelato deberán asistir a unha charla organizada polo Departamento de Orientación e impartida por Augusto Otero, ás 10:45 horas en Usos Múltiples (duración: 3ª y 4º horas), sobre “SELECTIVIDADE 2015: NORMATIVA E ASPECTOS PRÁCTICOS”.

Para máis información sobre os contidos a tratar, premer na seguinte ligazón.

Documento charla 1º Bacharelato

Logo da charla do 26 de marzo, organizada polo Departamento de Orientación e impartida polo profesor Augusto Otero e a orientadora Pilar Meijome, e dirixida ao alumnado de 1º Bacharelato sobre o curso de 2º e a súa relación coa Selectividade 2016 e os Ciclos Formativos de Grao Superior, adxuntamos ficheiro do contido da mesma, que pode ser consultado neste documento.

Charla para 1º BAC o vindeiro xoves 26

O vindeiro xoves, día 26 de marzo, os alumn@s de 1º Bacharelato asistirán a unha charla sobre o próximo curso ao que accederán (2º Bach.) e a súa relación coa Selectividade 2016 e os Ciclos Formativos, organizada polo Departamento de Orientación e impartida polo profesor Augusto Otero e a orientadora Pilar Meijome. Sala de usos múltiples. Duración: 3ª e 4ª horas.

Orientación vocacional no MGB

Organizada polo Departamento de Orientación terá lugar o vindeiro xoves, 19 de febreiro, na  sala de usos múltiples do centro, en horario de  10:45 a 12:25 (3ª e 4ª sesión), unha actividade de “Orientación profesional e laboral” dirixida ao alumnado de 2º de Bacharelato. Contaremos como poñentes coa profesora de Hostalería, Raquel Fondevila, co profesor da Facultade de Relacións Laborais da USC, Carlos J. Álvarez e co brigada da Armada Española, Luís Cagiao.

Distribuir contido