Orientación

Obradoiros de competencias sociais e individuais no MGB

O vindeiro luns, 17 de novembro, terán lugar no noso centro uns obradoiros sobre “linguaxes expresivas e estratexias metodolóxicas para o desenvolvemento de competencias sociais e individuais”. A actividade, organizada polo departamento de Orientación, vai destinada ao alumnado de 1º ESO e impartirase na aula de usos múltiples en horario de 10:45 a 13:35 horas (3ª, 4ª e 5ª sesións).

Documento charla 1º Bacharelato

Logo da charla do 27 de maio, organizada polo Departamento de Orientación e impartida polo profesor Augusto Otero e a orientadora Pilar Meijome, e dirixida ao alumnado de 1º de Bacharelato sobre o curso de 2º e a súa relación coa Selectividade 2015 e os Ciclos Formativos de Grao Superior, adxuntamos ficheiro do contido da mesma, que pode ser consultado neste documento.

Charla para 1ºBAC o vindeiro martes 27

O vindeiro martes, día 27 de maio, os alumn@s de 1º Bacharelato asistirán a unha charla sobre o próximo curso ao que accederán (2º Bach.) e a súa relación coa Selectividade 2015 e os Ciclos Formativos, organizada polo Departamento de Orientación e impartida polo profesor Augusto Otero e a orientadora Pilar Meijome. Sala de usos múltiples. Duración: 1ª e 2ª horas.

Contido da charla da selectividade 2014

Logo da charla organizada polo Departamento de Orientación e impartida por Augusto Otero (25 de abril) para o alumnado de 2º Bacharelato sobre a normativa vixente e aspectos prácticos da Selectividade, adxuntamos fichero do contido da mesma que pode ser consultado neste documento.
 

Charla Selectividade 2014 para 2º BAC

O VENRES 25 de ABRIL todos/as os/as alumnos/as de 2º Bacharelato deberán asistir a unha charla organizada polo Departamento de Orientación e impartida polo profesor Augusto Otero, ás10:45 horas en Usos Múltiples (3ª e 4º horas), sobre “SELECTIVIDADE 2014: NORMATIVA E ASPECTOS PRÁCTICOS”.

Para máis información sobre os contidos a tratar, premer en ler mais.

VISITA DO IES Nº 1 AO MGB.

Mañá venres, 14 de marzo, alumnos/as de 4º da ESO do instituto estradense IES Nº1 acompañados dos seus profesores/as visitarán o noso centro, para coñecer as instalacións e as distintas modalidades de bacharelato que se imparten. Os alumnos/as serán recibidos pola Xefa de Estudos que lle facilitará a información que precisen. Logo realizarán un percorrido polo instituto. A actividade está organizada polo Departamento de Orientación.

OBRADOIRO NO IES MANUEL GARCÍA BARROS

O vindeiro mércores, 29 de xaneiro, na aula de usos múltiples do centro terá lugar o obradoiro linguaxes expresivas e estratexias metodolóxicas para o desenvolvemento das competencias sociais e individuais”. Está dirixido o alumnado de 1º da ESO, sendo impartido polo formador Manuel Ángel Fernández Gallego. A actividade está organizada polo departamento de orientación do centro.



Documento sobre a charla de orientación a 1º Bacharelato

Logo da charla do 30 de maio, organizada polo Departamento de Orientación e impartida polo profesor  Augusto Otero e a orientadora Pilar Meijome, e dirixida ao alumnado de 1º de Bacharelato sobre o curso de 2º e a sùa relación coa Selectividade e os Ciclos Formativos, adxuntamos  ficheiro do contido da mesma, que pode ser consultado neste documento.

Charla 1BAC: Selectividade 2014 e Ciclos Formativos.

O vindeiro xoves, día 30 de maio, os alumn@s de 1º Bacharelato asistirán a unha charla sobre o próximo curso ao que accederán (2º Bach.) e a súa relación coa Selectividade 2014 e os Ciclos Formativos, organizada polo Departamento de Orientación e impartida polo profesor Augusto Otero e a orientadora Pilar Meijome. Na última parte da charla intervendrá a directora do Centro Superior de Hostelería de Galicia. Sala de usos múltiples. Duración: 3ª e 4ª horas.

Contido da Charla sobre a Selectividade 2013

Logo da charla organizada polo Departamento de Orientación e impartida por Augusto Otero (12 de abril) para o alumnado de 2º de Bacharelato, sobre a normativa vixente e aspectos prácticos da Selectividade, adxuntamos fichero do contido da mesma, que pode ser consultado neste documento

Charla sobre a Selectividade para 2º de Bacharelato

O VENRES 12 de ABRIL todos/as os/as alumnos/as de 2º Bacharelato deberán asistir a unha charla organizada polo Departamento de Orientación e impartida por Augusto Otero, ás 10:45 horas en Usos Múltiples (duración: 3ª y 4º horas), sobre “SELECTIVIDADE 2013: NORMATIVA E ASPECTOS PRÁCTICOS”.

Para máis información sobre os contidos a tratar, premer en ler mais.

Programa Orienta12-13

O Departamento de Orientación do centro adquiriu unha licenza do programa informático "Orienta 12-13". Mediante este programa podedes acceder a información actualizada sobre as distintas carreiras e estudos que podedes realizar unha vez rematada a vosa etapa escolar no noso centro, xa sexa a ESO ou Bacharelato. Dito programa está instalado en todos os ordenadores das aulas de informática e da biblioteca (para executalo facede clic no menú Aplicativos → Educación → Orienta12-13).

Se queredes ter unha copia deste programa no voso ordenador de casa, seguide as instrucións dadas no correo que se enviou á vosa conta de correo electrónico do insitituto.

orienta.png

Documento sobre a charla de orientación a 1º de Bacharelato

Logo da charla do 4 de xuño, organizada polo Departamento de Orientación e impartida polo profesor Augusto Otero, e dirixida ao alumnado de 1º de Bacharelato sobre o curso de 2º e a sùa relación coa Selectividade, adxuntamos ficheiro do contido da mesma, que pode ser consultado neste documento.

Charla para 1º de Bacharelato. Selectividade 2013.

O vindeiro luns, día 4 de xuño, os alumn@s de 1º Bacharelato asistirán a unha charla sobre o próximo curso ao que accederán (2º Bach.) e a súa relación coa selectividade 2013, organizada polo Departamento de Orientación e impartida polo profesor D. Augusto Otero. Sala de usos múltiples. Duración: 3ª e 4ª horas.

Contido da Charla sobre a Selectividade 2012

Logo da charla organizada polo Departamento de Orientación e impartida por Augusto Otero (12 de abril) para o alumnado de 2º de Bacharelato, sobre a normativa vixente e aspectos prácticos da Selectividade, adxuntamos fichero do contido da mesma, que pode ser consultado neste documento.

Distribuir contido