Orientación

Teatro "Llamada perdida"

O vindeiro martes 27 de xaneiro os/as alumnos/as de 3º e 4º ESO asistirán a unha obra de Teatro "Llamada perdida" no Colexio La Salle de Santiago (cambio de ubicación). Sairán ás 10 :30 horas e voltarán ás 14:25 horas

"Primeiro por primeira vez"

A USC fixo chegar a tódolos centros de ensino secundario de Galicia este documento en *.pdf con toda a información que necesita un alumno que vaia cursar por primeira vez estudos nesta universidade.

logo USC oscuro.gif

Teatro en Santiago

O vindeiro 10 de novembro os alumnos de 1º ESO irán ao teatro a ver a obra "No me ralles" no Teatro Principal de Santiago. Sairán as 10:30 horas do instituto e voltarán ás 14:25 horas ao centro.

Charla de informativa sobre as PAAU

Hoxe martes 27 de maio celebrouse no salón de actos do centro unha charla informativa sobre as PAAU (selectividade) organizada polo Departamento de Orientación. Como resumo informativo das mesmas pódense consultar os seguintes ficheiros:

Recepción aos alumnos do C.E.I.P "Pérez ViondiI"

O vindeiro luns 2 de xuño os alumnos de 6º de primaria do CEIP "Pérez Viondi" virán para coñecer o noso centro. Chegarán sobre ás 11:00 horas

FORUM ORIENTA O8

O vindeiro xoves 10 de abril os alumnos de 1º Bacharelato irán a Vigo para participar en distintas actividades do FORUM ORIENTA 08. Saíran ás 8:45 horas e voltarán ás 14 :25 horas aproximadamente.

CONFERENCIA "ESTRATEXIAS DE CONTROL DE CONFLICTOS NA AULA"

Os  vindeiros días 13 e 20 de febreiro celebraráse na aula de Usos Múltiples do centro unhas conferencias sobre "Estratexias de control de confictos na aula",impartidas por Carmen Loureiro, docente do IES "Illa de Arousa".

CHARLA CALATAYUD

O vindeiro xoves 31 de xaneiro de 2008 no teatro Principal da Estrada  ás 11:00 horas para alumnos de 3º ESO haberá unha charla co título "CONDUCTAS CONFLICTIVAS NOS ADOLECENTES" impartida por Don Emilio Calatayud  Pérez maxistrado xuiz de menores de Granada.

GRÁFICAS DO CUESTIONARIO SOBRE CONFLICTOS

Descarga o documento *.pdf que contén un resumen do cuestionario sobre conflictos.

NOVA ESTRUCTURA DE TITULACIÓNS UNIVERSITARIAS

Descarga o documento elaborado polo departamento de Orientación sobre a adaptación das novas titulacións ao novo espazo de Educación Superior (EEES) ou consulta esta sección da web da USC.
Distribuir contido