Complementarias

Vídeos do acto de graduación curso 2018-2019

O pasado martes 28 de maio tivo lugar o acto de graduación do alumnado de 2º de bacharelato organizado por eles mesmos. No enlace, podedes ver os vídeos proxectados no teatro. Parabéns.

Vídeo do alumnado coordinado por Xoán Xosé Pérez.

Vídeo de Marisa Otero.

Charla organizada pola ANPA: "Acoso escolar... Falámolo?" Martes 28 ás 20 horas no MGB.

Mañá martes 28, ás 20 horas, na sala de usos múltiples do centro, Fesanpas e a ANPA organizan unha charla sobre o acoso escolar a cargo do profesor da USC Carlos Vila Lago. Contamos con vós.

Exposición "Científicos Galegos 2008-2018"

Ata o vindeiro luns 6 de maio estarán expostos no hall do primeiro andar do centros os carteis da exposición "Científicos Galegos 2008-2018", cedidos ata esa data pola Real Academia Galega de Ciencias. Nela poderemos aprender sobre a vida e obra de sobranceiros científicos galegos que dende o ano 2008 ata o 2018 foron homenaxeados con motivo do Día da Ciencia en Galicia. Informarvos tamén que o Científico Galego 2019 corresponde á figura do químico Tomás Batuecas.

IMG_20190430_143053_024.jpg

Contido da charla da ABAU 2019

Logo da charla organizada polo Departamento de Orientación e impartida polo profesor Augusto Otero (4 de abril) para o alumnado de 2º Bacharelato sobre a normativa vixente e aspectos prácticos da ABAU 2019, adxuntamos ficheiro do contido da mesma que pode ser consultado neste documento.

Charla ABAU 2019 impartida polo profesor Augusto Otero o vindeiro 4 de abril

XOVES 4 de ABRIL todo o alumnado de 2º Bacharelato deberán asistir a unha charla organizada polo Departamento de Orientación e impartida por Augusto Otero, ás 10:45 horas en Usos Múltiples (duración: 3ª y 4º horas), sobre “ABAU 2019: NORMATIVA E ASPECTOS PRÁCTICOS”.

Para máis información sobre os contidos a tratar, premer en ler máis.

O alumnado de 2º de Bacharelato Artístico inaugura exposición

O alumnado de segundo de bacharelato de artes do IES Manuel García Barros presenta a súa primeira exposición no concello de A Estrada, baixo o nome de "Arte Z". Levarase a cabo dende o luns día 1 de abril até o sábado 13 de 18:00 a 20:00 abrindo os sábados de 11:00 a 13:00 (con excepción dos domingos). Será na sala de exposicións Abanca na e contará ca participación de doce rapaces. 
 Os cadros creados polos alumnos son variados, de técnicas dispares e temáticas creativas, que van dende as máis cotiás até as máis serias. A crítica social está presente en moitas das obras dos mozos, e ningún parece temer en ningún momento expoñer realidades coma a violencia de xénero ou a discriminación de grupos coma a comunidade homosexual; porén, non tódo-los cadros contan con este tinte reivindicativo, e en moitos casos tenden ós retratos, ó debuxado de paisaxes ou á representación de temas máis alegres. Na exposición, grazas á ampla variedade de artistas e obras, veranse estilos e técnicas de moitos tipos, que dan vida ó conxunto artístico e expresan o carácter de tódo-los rapaces que participan. Ademais, para os apaixoados da arte, ofrecerán prints a prezos asequibles dalgúns dos seus traballos.

Este acto será posible grazas á participación do concello, que condeceu a oportunidade ó alumnado levar a cabo a idea e prestou unha das súas salas de exposición.

Uxía Silva.

Entroido 2019 no MGB

Xa temos o programa de Entroido para o vindeiro venres 1 de marzo. O cartel anunciador foi realizado por Miriam Núñez López. Grazas a todos os participantes no concurso de carteis e, por suposto, a María Armada pola súa colaboración.

Odisea 2019 - Grupos gañadores no MGB

Onte xoves no segundo recreo fixemos entrega na MeGaBiblio dos premios correspondentes á edición 2019 do concurso de Cultura Clásica Odisea.

Os grupos gañadores foron os seguintes:

  1. FAMILY FRIENDLY, de  3ESO (Jesús Silva, Mauro Iglesias e Brais Vinseiro)
  2. RAPSODAS ESTRADENSES, de 1BAC C (Victoria Pazos, Ana Quintela e Lucía Rey)
  3. MI FAMILIA ADOPTADA, de 3ESO (María Porto, Carla Viqueira, Laura Salgueiro)
507B4B08-8B08-4129-BDD3-5A85F5C0EB47.JPEG

Reunión "Reto lector"

O vindeiro venres no 2º recreo celebrarase na MeGaBiblio unha reunión con todos os participantes do "Reto Lector". Neste doc en *.pdf podedes atopar a listaxedos libros de matemáticas nun fermosos díptico.

Álbum do concerto do alumnado de Música de Bacharelato o pasado 21 de decembro

Xa podedes ver na nosa galería Flickr as imaxes do concerto-audición que o pasado 21 de decembro ofreceu o alumnado de Música de Bacharelato. As fotografías son de Míriam Núñez e Marcos Puente.

Concerto no MGB

Mañá venres 21 de decembro alumnado de Música de Bacharelato ofrecerá un concerto-audición a partir das 13:00 horas na Sala de Usos Múltiples do centro. Contamos coa colaboración do alumnado de Deseño de 2º de Bacharelato que realizou a escenografía.

DSC_0461.JPG

Campo a Través 2018

O pasado 5 de decembro o noso alumnado de 1º ESO participou no Campionato de Campo a Través. Podedes ver as fotos da actividade na nosa galería Flickr.

IMG_8049.jpg

Arqueocampo

O pasado luns 10 de decembro o noso alumnado de 1º ESO participou, no recinto da Fundación de Exposicións e Congresos, na actividade Arqueocampo, que lles ofreceu a oportunidade de sentirse arqueólogos por un día.

Máis información nesta ligazón.

Arqueocampo.jpg

Baile tradicional no MGB

Ao longo deste trimestre o noso alumnado de 1º ESO recibe clases de baile tradicional nalgundas clases de Educación Física. Son impartidas pola Agrupación Folclórica estradense Tequexetéldere.

Máis información nesta ligazón.

Magosto 2018

Hoxe celebramos o Magosto no MGB: comimos castañas, participamos nas Magostolimpíadas e desfrutamos da música en vivo. Nesta ligazón podedes atopar todas as fotos da festa.

DSC_0420.JPG
Distribuir contido