Complementarias

Fin dunha etapa para o noso alumnado de 2º de Bacharelato

Realizada a avaliación final de 2º de Bacharelato, titularon 82 dos 87 alumnos/as matriculados este curso.

E acadaron Matricula de Honra, cos catro mellores expedientes: Nuria Sanmartín Figueira, María Mato Requeijo, Mencía Vidal Obelleiro e Ana Quintela Mato.

A todas e todos queremos trasmitirlle a nosa noraboa e os nosos mellores desexos na nova etapa que comezan.

En recordo dos tempo que pasaron no centro, a profesora Marisa Otero elaborou o seguinte video:

Nova en La Voz de Galicia.

Charla ABAU 2020 impartida polo profesor Augusto Otero

A próxima semana o profesor Augusto Otero impartirá unha charla destinada ao alumnado de 2º de Bacharelato: "ABAU 2020: NORMATIVA E ASPECTOS PRÁCTICOS”.

Planificáronse dúas sesións (co aforo limitado):

  • Xoves 11, ás 12:15h, en Usos Múltiples (prazas agotadas).
  • Venres 12, ás 12:15h, en Usos Múltiples (prazas agotadas).
  • Luns 15, ás 12:25, na Aula de 2º de Bacharelato C

O alumnado interesado en asistir deberá anotarse cubrindo un formulario que recibirán por correo electrónico.

ABAU 2020: Normativa e organización. Aspectos prácticos.

Na seguinte ligazón pódese acceder a toda a información que o alumnado debe coñecer sobre a normativa-organización que regula a ABAU e os seus aspectos máis prácticos:

PRESENTACION CHARLA ABAU 2020

Respectando todas as medidas de prevención establecidas, programaranse varias datas para a celebración presencial da charla impartida polo profesor Augusto Otero, en varias quendas e con aforo limitado. Informoremos nos próximo días.

RESISTIREMOS

A comunidade do IES MGB queremos dar un paso adiante e expresar o noso sentir, a nosa unión nestes momentos. Fundirnos con tantos seres xunt@s, unir as nosas voces, apoiarnos n@s nos@s, apoiarnos e que outr@s sintan que aquí estamos, que loitamos por resistir e que XUNT@S, UNID@S RESISTIREMOS!!!

A iniciativa na prensa:

Cantemos unid@s. Realicemos un video entre todas e todos!!

A iniciativa dos Departamentos de Música, e coa colaboración do Departamento de Educación Plástica, convidamos a toda a comunidade educativa (alumnado, profesorado, persoal non docente, familias, ...) a participar na gravación dun vídeo.

Para saber máis pincha nesta ligazón.

Data límite para o envio dos vídeos: venres 10 de abril.

Obradoiro de Cyberseguridade do INCIBE

O pasado xoves 5 de marzo, de 16:00 a 20:00 horas, tivo lugar no noso centro a xornada técnica "Espacios de ciberseguridad para estudiantes” que o INCIBE (Instituto Nacional de Ciberseguridad) está a realizar nalgúns centros de Galicia. Nesta xornada técnica estivo dirixida ao alumnado de bacharelato que cursa as materias de TIC I e TIC II e nela realizaron de xeito práctico e con exercicios reais como funcionan determinados aspectos da ciberseguridade. Estas xornadas son gratuitas, tanto para o centro como para os alumnos, e outorgaráselle un diploma de asistencia ao alumnado participante.

Dende o Departamento de Tecnoloxía, solicitante e coordinador desta xornada no noso centro, agradecer a Cristian, poñente enviado polo INCIBE, a boa dispoñibilidade e o amena, interesante e útil que resultou para o noso alumnado.

Coma sempre, na correspondente galería do Flickr do centro tedes imaxes do envento.

incibe.png

Odisea 2020 MGB

Hoxe mércores, no 2º recreo, tivo lugar a entrega de premios do Concurso de Cultura Clásica Odisea. Na edición 2020 do concurso Odisea os resultados dentro do MGB foron os seguintes:

  • 1º premio > RÓMULO E REMO: DIÉGUEZ REBOLO, PABLO; REY LLOBET, JOSÉ (2BAC)
  • 2º premio > MENECMAS: CALVIÑO SILVA, SONIA; SANMARTÍN FIGUEIRA, NÚRIA; REY GAÑETE, LUCÍA (2BAC)
  • 3º premio > KOINÉ: CARRACEDO FLORES, AINOA; MELLA MOSTEIRO, UXÍA (2BAC)
  • Premio especial do xurado > ERYX WARRIORS: VIVEL COUSO, YANIRA; MÍGUEZ VIDAL, DANIEL (3ESO)
odisea mgb 2020.jpg

Equipos de alumnado axudante á convivencia

Neste trimestre comerará un proxecto de convivencia positiva en 1º e 2ºESO onde se busca dar máis protagonismo ao alumnado na mellora da convivencia no centro. 

Consiste na formación dun “Equipo de alumnado axudante á convivencia” por aula.

Cada equipo, formado por 3 ou 4 persoas, axudará a que a relación entre o alumnado sexa máis positiva. Para poder desempeñar esta función formaráselles en temas como a escoita activa, a importancia das emocións na comunicación, a empatía, o valor da confidencialidade...

Os membros do equipo teñen que cumprir dúas condicións, primeiro ser escollido na aula polos seus propios compañeiros e compañeiras e pola titora de convivencia do seu nivel e segundo, acceder voluntariamente. Unha vez seleccionados terase unha reunión coas familias do “Alumnado axudante á convivencia” onde se dará máis información.

Esperamos que este proxecto teña continuidade nos próximos cursos, podendo formar parte deste equipo o maior número de alumnado posible.

Calquera dúbida contactar co seminario de Convivencia e Inclusión do IES MGB

Campionatos de Brilé

Esta semana comezaron os campionatos de Brilé, que teñen lugar nos 2º's reccreos dos martes e dos xoves, e que serán dentro do xinmasio ata que o tempo permita facelo fóra de xeito habitual.

Nesta ligazón podedes consultar os equipos e a orde dos partidos.

Vídeo contra a violencia de xénero

Vídeo aportado polos departamentos de Música e Plástica en solidariedade con todas as víctimas deste tipo de violencia.
As voces pertencen ao alumnado de Música de 4º e 1º, respectivamente.

"Arqueoloxía en Exipto"

Hoxe o alumnado de 1º da ESO asistíu á charla "Arqueloxía en Exipto" a cargo de Manuel Abelleira, antigo alumno do centro, que actualmente é arqueólogo en Exipto onde realiza campañas cun equipo alemán.

FotoExipto.jpeg

"Elisa e Marcela" no MGB

O próximo luns, 16 de decembro, ás 12:30h en Usos Múltiples para o alumnado de 2º de Bacharelato se representará a obra de teatro "Elisa e Marcela" da compañía "A Panadaría"

Elisa_Marcela.jpeg

Exposición Premios María Josefa Wonenburger

Ao longo de quince días contaremos no centro coa exposición Premios María Josefa Wonenburger, cedido pola Secretaría Xeral de Igualdade no marco do Proxecto Nin + nin -, iguais.

Consta de 16 roll ups e de oito paneis con datos sobre a disparidade de xénero en distintos sectores.

Máis información nesta ligazón.

Expo.JPG

Exposición "Medindo o Universo. A historia das medidas"

Os alumnos e alumnas de Tecnoloxía de 4º de ESO organizaron e montaron os paneis que ata o vindeiro 18 de outubro poderedes observar no andar a carón da Biblioteca coa exposición "Medindo o universo: a historia das medidas". As láminas desta exposición foron impresas á súa vez da exposición homónima do LOMG (Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia). Agardamos que sexa do voso interese e aprendades moito con ela.

Se queredes consultar online a exposición facede clic aquí.

exposicion_medindo_o_universo.png

O noso apoio ao movemento FridaysForFuture na prensa

Onte, a iniciativa do alumnado de Bioloxía de 1º de bacharelato, realizamos no centro un acto simbólico de apoio ao movemento FridaysForFuture que recolle a prensa de hoxe. 

Faro de Vigo.

La Voz de Galicia.

Distribuir contido