Complementarias

FOLIADA INTERCENTROS 22/12/2022

   O 22 de decembro o alumnado de 1ºESO participou nunha foliada organizada polo concello onde puideron disfrutar de música tradicional galega tocada por alumnado dos tres institutos de A Estrada e poñer en práctica os pasos de baile aprendidos nas clases de EF. O profesor e bailador Manolo, un curso máis, foi quen ensinou ao alumnado os pasos básicos para poder realizar esta actividade. Agradecemos o seu esforzo e bo facer.

27 de Xaneiro: día internacional da Shoá

      Co gallo da conmemoración da liberación de Auschwitz, o centro internacional de Yad Vashem cedeunos unha exposición que aborda o tema dos nenos e nenas na Shoá. Tres alumnos e alumnas de 1º de bacharelato, Damián Bermejo, Ángela Caeiro e Isaura Mera recibiron formación para guiar a exposición aos seus compañeiros/as.

Campo a través, 12 de Xaneiro do 2023

   O pasado 12 de xaneiro o alumnado de 1° e 2° da ESO do noso centro participou na fase zonal da proba de campo a través do XOGADE. Disfrutaron dunha mañá de actividade deportiva con centros de toda a comarca e acadaron uns resultados excelentes logrando a clasificación para a proba provincial nenos e nenas de todas as categorías nas que participabamos. Pode consultarse nova en prensa aquí.

Visita a Gadisa o 25 de Xaneiro

   O mércores 25 de xaneiro, os/as alumnos/as de Economía de 1º e 2º de bacharelato acudiron a Betanzos para coñecer as instalacións da empresa GADISA. Durante a visita participaron nunha sesión formativa sobre o funcionamento da área de aprovisionamento e loxística, departamento de marketing, as liñas de negocio e a RSC da empresa, rematando cun percorrido polas inmensas instalacións do almacén. Non podíamos deixar a cidade sen visitar o seu casco antigo, declarado conxunto histórico-artístico no ano 1970.

Recomendacións lectoras de Nadal

   As bibliotecas dos tres IES de A Estrada propoñen as seguintes recomendacións para o Nadal.

 Disfruta da lectura nestes días!!!

Navegamos polo universo da man de Íñigo Quadra-Salcedo

   Grazas a un planetario portátil, que enchía o ximnasio, o noso alumnado de 1º, 2º e 3º de ESO disfrutou dun paseo polo universo aprendendo como se moven as estrelas de forma aparente, e os planetas, observando as fases da Lúa e coñecendo a nunca vista cara oculta do noso satélite.
Grazas, Íñigo, polas túas explicacións nesta Semana da Ciencia.

"Grecia e Roma nas túas mans", galería das actividades.

   Xa están dispoñibles as imaxes das xornadas do proxecto de Intercambio de Centros "Grecia e Roma nas túas mans".

Gallaecia 2022 (Grecia e Roma nas túas mans)

Novembro, mes da ciencia en galego!

   En novembro, mes da ciencia en galego, queremos visibilizar o traballo realizado nas aulas de Bioloxía e Xeoloxía de 1º de ESO e de Cultura Científica de 4º de ESO baixo a coordinación das profesoras Tania López González e Montserrat  Freire Baños.
   >>> Ven no primeiro recreo, á biblioteca, onde o alumnado exporá o seu traballo sobre un/unha científico/a. Consulta na imaxe, porque cada día é un investigador/a diferente. Paga a pena escoitalos!
   Rogamos o maior silencio posible neste recreo.

Magosto 2022

   Despois de dous duros anos nos que se afrontou o reto da pandemia, no día de hoxe, Venres 11 de Novembro do 2022, tivo lugar a celebración do “Magosto”. Contamos con música tradicional, xogos populares (para o alumnado da ESO a 3ª e 4ª horas) e degustación de castañas asadas entre as 12:45 e as 14:15 horas. O tempo acompañou e foi unha xornada que retoma as nosas costumes tradicionais. Nos próximos días colgaremos un álbum de fotos da xornada.

Conmemoración do día de Neira Vilas

   O xoves 3 de novembro, no primeiro recreo, celebramos o día de Neira Vilas coa identificación da oliveira que o escritor prantou ao visitar o noso centro en 2010.

   Acompañaranos Fernando Redondo, presidente da Fundación Xosé Neira Vilas.

Actividades de fin de curso: martes 21 e mércores 22

As actividades a realizar serán as seguintes:

  • Torneos deportivos: agás o de tenis de mesa, que terá lugar nas mesas do patio cuberto, o resto serán no pavillón Coto Ferreiro. Neste arquivo adxunto pódeese consultar o calendario elaborado polo departamento de Educación Física. Nel figuran os partidos e grupos que poden asistir en cada hora como público.
  • Torneo de xadrez: terá lugar o mércores en Usos Múltiples (esta é a listaxe dos participantes)
  • Obradoiro de avións de papel: a 3ª e 4ª horas do martes, no patio cuberto, Obdulia fará este obradoiro para o alumnado que queda no centro. O mércores a 3ª e 4ª horas haberá unha competición.
  • Outras actividades: haberá nalgunhas horas un obradoiro de frottage no patio, exposicións de traballos de distintas materias,...
  • Música: nas dúas últimas horas do mércores teremos unha actividade de música e baile no patio.

Repercusión en medios da presentación do estudo sobre bebidas enerxéticas

Adxuntamos esta nova aparecida na Voz de Galicia, esta outra no Faro de Vigo, e o vídeo do programa de Antena 3 "Espejo Público" coa intervención da profesora Alejandra Pérez Caaveiro.

Todas as imaxes da presentación no teatro principal poden verse neste álbum de Flickr.

Imaxes do acto de despedida de 2º de Bacharelato

Aquí están por fin as imaxes do acto de Despedida do MGB 2022!

Despedida 2022

Acto de Despedida 2BAC - Vídeo e novas na prensa

Aquí tendes por fin o vídeo da despedida de bacharelato 2022, realizado baixo a dirección do profesor Xoán Xosé.

Tamén podedes ler as novas relativas ao acto aparecidas na Voz de Galicia e no Faro de Vigo.

Dinamiza TV

Da man do Concello de A Estrada, os dez centros escolares do município puxemos en marcha o proxecto audiovisual que consiste na gravación de un noticiario por cada centro e que estivo superviada e dirixida polos dinamizadores e dinamizadoras lingüísticos de cada centro.

O noso noticiario recolle a vida cotiá do centro e os presentadores son os alumnos de Segundo da ESO Manuel e Mario, que semellan auténticos profesionais. 

Podedes velo aquí. Que desfrutedes!

Distribuir contido