Complementarias

Sementando pensamentos

Non MGB celebramos o día de Rosalía "sementando pensamentos...."


* Organizado polo departamentos de Galego, Dinamización e MeGaBiblioteca.

Contacontos en francés este xoves!

Mañá xoves 24 de febreiro Samuel Mountoumnjou virá ao noso centro a contarnos dous contos en francés.

  • A 2ª hora estará co alumnado de francés de 3º, 4º e 1º de Bacharelato,
  • e a 3ª hora co de 2º ESO.

Samuel é profesor de idiomas, formador, mediador intercultural e narrador. Naceu en Camerún e leva máis de dez anos organizando actividades enfocadas no libro e na comunicación oral.

Tes máis información sobre el nesta páxina.

Vídeo sobre a exposición da Shoa no MGB

Vídeo do acto inaugural da posta en marcha no MGB da exposición "¿Cómo fue humanamente posible?" sobre a SHOA.

Reunión do Clube de Lectura o próximo martes 22

O martes 22 de febreiro reunímonos os grupos de Corredoiras e o de Autoestradas do clube de lectura.

Xantamos xuntos e despois quedamos con Usha e Jane Eyre.

Obradoiro de lettering na Biblioteca este venres!

O venres 18 de febreiro, no 1º recreo 2 alumnas do centro impartirán un obradoiro de lettering na biblioteca.

A esta técnica (non confundir coa Caligrafía ou a Tipografía) pódeselle denominar tamén Rotulación e poderiamos definila como "A arte de debuxar as letras".

Tivo o seu máximo esplendor nos anos 30-60 do pasado século. Hoxe en día é moi fácil que nos topemos con exemplos de Lettering nas marquesiñas dos bares, nas pizarras co menú do día ou en calquera outra peza promocional.

Estela Area-Gómez no 11F, "O día da muller e da nena na ciencia"

O alumnado de Física e Química e Bioloxía de 4º de ESO, a través do programa CONÓCELAS, tivo a sorte de coñecer de preto o día a día desta investigadora, que partiu da Coruña para estudar bioloxía en Compostela, logo cursar o seu mestrado en Madrid e saltar ata a universidade de Columbia en Nova York, onde puido satisfacer a súa ansia de coñecer os mecanismos de funcionamento do cerebro e todo o relacionado co Alzhéimer e o ELA.

Alegrámonos de que Estela se atope de novo na casa, traballando en Madrid no CIB.

Grazas Estela polo teu traballo a prol da saúde de todas e todos.

Videoconferencia con Clara Leboreiro Babé

Na xornada do 9 de Febreiro, o alumnado de Química e Bioloxía de 2BAC compartimos a enerxía e as ganas de investigar desta científica natural de Vigo e afincada en Londres. Este acto desenvólvese dentro das actividades do Día Internacional da muller e a nena na ciencia, que a través do programa CONÓCELAS, organiza ASEICA, asociación coordinada pola tamén galega Marisol Soengas, creada para divulgar a actividade científica e promover a participación das mulleres no traballo investigador.

Clara explicounos o seu proxecto de mestrado, centrado nas células CAR-T, que tamén son en ocasións referidas como un tipo de terapia xénica celular. Isto é debido a que involucran a alteración dos xenes dentro das células T para axudar a combater o cancro. Agradecemos a Clara o seu tempo, así como o seu esforzo por mellorar as vidas dos e das doentes.

Odisea 2022 no MGB

Non chegamos ao desempate pero no MGB tamén temos campións. Hoxe, no 1º recreo, tivemos a entrega de premios de Odisea na MeGaBiblio.

Estes foron os equipos e alumnos premiados:

1º PREMIO - AS MERETRICES - 2BAC-C

  • FERNÁNDEZ LUSTRES, SOFÍA
  • LUEIRO PEREIRA, SALETA
  • OTERO ABEIJÓN, ZAIRA

2º PREMIO - PAQUITAS CHOCOLATERAS - 1BAC-B

  • MARTÍNEZ BUSTELO, PAULA
  • ESPIÑO MÍGUEZ, LAURA
  • MONTERO RAMOS, ARACELI

3º PREMIO - LA OLIMPYADA - 3ESOA-C

  • VIGO TATO, MÍRIAM
  • VIEITES PEDROSO, ROBERTO
  • CARBALLO VÁZQUEZ, AROA

Obradoiro para 4º ESO

O pasado 2 de febreiro o alumnado de 4º ESO asistiu na sala de Usos Múltiples do noso centro ao obradoiro "Violencia de xénero no novo contexto dixital" impartido por Pantallas Amigas, organización que ten como misión a promoción do uso seguro e saudable das TIC e o fomento da cidadanía dixital responsable na infancia e na adolescencia.
Agradecemos esta oportunidade ao CIM do concello da Estrada.

Exposición sobre a Shoá no MGB

O pasado 27 de xaniero, día da Shoá, que conmemora o aniversario da liberación do campo de exterminio de Austwich, púxose en marcha no MGB a exposición "¿Cómo fue humanamente posible?" cedida polo centro Yad Vashem de Xerusalén, que colabora co centro dende hai tempo, e coordinada pola profesora Ana Fernández, do Departamento de Xeografía e Historia.

No acto inaugural tivo lugar unha actuación musical a cargo do profesor Miguel Carbajal e a alumna Carlota Abalo, e unha serie de lecturas protagonizadas polos alumnos Saleta Lueiro, Paula Talquenca e Rubén Gestoso.

Podedes ler a crónica deste evento na Voz de Galicia e no Faro de Vigo.

Venres 14: Charla en Usos Múltiples: "O mundo na túa cabeza"

O vindeiro venres 14 de xaneiro a 3ª e 4ª horas o alumnado de 2º BAC A e B terá unha charla de divulgación científica en Usos Múltiples a cargo de Casto Rivadulla ("O mundo na túa cabeza").

Outras actividades do Día contra a Violencia de Xénero

O pasado 25 de novembro o alumnado de Música de 2º Bacharelato relizou unha actuación para os seus compañeiros de 2º ESO e 1º Bacharelato. Este é o vídeo do evento subido ao noso canal de Youtube:

Xornada de patinaxe no MGB

O pasado venres 17 de decembro, tivemos o honor de compartir a xornada co clube de patinaxe A Estrada, a quen agradecemos a súa colaboración co programa EduSaúde do MGB. 

A adestradora, a delegada do clube, 1 patinador e 3 patinadoras, unha delas alumna do MGB, acudiron na hora de EF de 4°B a poñer en práctica co alumnado algúns exercicios do quecemento deste deporte.

No 1° recreo quen o desexou puido disfrutar da exhibición de patinaxe artístico que realizaron no pavillón.

Na imaxe podemos ver a Natalia Campos, 4°B, na exhibición de patinaxe artístico no recreo.

Día contra a Violencia de Xénero:

Hoxe, para conmemorar o Día contra a violencia de xénero, o Equipo de Normalización ten preparadas as seguintes actividades:

  • Mesas nos recreos para pintar as unllas de violeta.
  • Performances dirixidas pola profesora Norma coas alumnas de segundo de ESO no patio cuberto.
  • Tarxetas para colocar nun lugar visible.
  • Unha montaxe cunha simboloxía relacionada coa violencia nas relacións da nosa xuventude no pasillo da planta baixa, cunha tríade que se repite ao longo da parede, formada por 3 elementos que teñen inscrita unha palabra dentro:
    • a bolboreta leva dentro respecto porque a bolboreta é un insecto delicado ao que hai que coidar como hai que coidar que una relación se basee no respecto entre ámbolos dous membros da parella
    • o paxaro leva inserta a palabra liberdade, non  é posible vivir nunha relación na que non haxa liberdade para ser ti mesmo ou ti mesma (o paxaro é, tradicionalmete, símbolo da liberdade)
    • o corazón leva a palabra amor e está en último lugar porque non poder haber un amor sano sen respecto e liberdade 

Por outra parte o alumnado de Música de 2º de BAC, coordinado por María Varela, ten preparada unha actividade (lectura de textos, cancións...) en Usos Múltiples a 5ª (2ESOA e 1BACB) e 6ª hora (2ESOA, 2ESOC)

Mes da ciencia en galego na MeGaBiblio

Este mes de novembro celebramos o mes da ciencia en galego cunha selecta de libros da nosa MeGaBiblio, comentaos e agrupados por materias:

  • Xeral, Ecoloxía-Ciencias da Terra, Matemáticas, Física, Química, Bioloxía e Xeoloxía, Astronomía e Tecnoloxía-Informática.

Podes vela nesta presentación de Genially!

Distribuir contido