Skip to Content

Premendo na seguinte ligazón INFORMACIÓN pódense consultar Preguntas frecuentes acerca das validacións para o alumnado das ensinanzas profesionais de música e de danza e das ensinanzas de réxime xeral.

Deixamos uns pequenos resumos informativos sobre as axudas xerais do MEFP e dos Centros residencias docentes. Esperamos que sexan de axuda! 

-Bolsas xerais do MEFP

-Bolsas centros residenciais docentes.

Xa non queda nada para rematar o curso! Para botarvos unha man, achegámosvos unhas breves presentacións sobre os diferentes estudos aos que podedes acceder ao rematar a etapa da ESO.
Se tes algunha dúbida ponte en contacto co Departamento de Orientación. 

-Cursar Bacharelato

-Cursar Ensinanzas de Réxime Especial

-Cursar Grao Medio de FP

Finalizades unha etapa e é hora de tomar decisións! Sabemos que pode ser complexo, así que para botarvos unha man achegámosvos unhas presentacións para que coñezades as diferentes opcións académicas ás que podedes acceder:

-Orientacións para a ABAU.

-Formación Profesional Grado Superior

-Ensinanzas de Réxime Especial

-Graos Universitarios.

Se tes algunha dúbida ponte en contacto co Departamento de Orientación.

O pasado 15 de decembro de 2020 tivo lugar no taller de Soldadura e Caldeiraría do IES María Sarmiento a presentación do proxecto "Programación dun Robot de Soldadura", que contou desde o seu inicio co apoio da Fundación Alcoa.

A automatización, cada vez maior, da industria en xeral e do sector metal-mecánico en particular, outórgalle a este proxecto unha importancia destacada, permitinto que o alumnado reciba unha formación punteira acorde aos avances tecnolóxicos e aumentando as súas posibilidades de inserción laboral. Ademais, deste proxecto poderá beneficiarse, cando menos, o alumnado dos vindeiros 12 ou 15 anos.

Este equipamento complementa o equipo de corte (Plasma CNC), proxecto que tamén promoveu a Fundación Alcoa fai uns anos.

 

Ante as numerosas dúbidas formuladas en relación ás bolsas do MEFP e as prazas de residencia para estudos non universitarios deixamos un resumo informativo que esperamos sexa de axuda.

Información acerca das bolsas xerais do MEFP

Información acerca das residencias

Ademais, pola particularidade do presente ano académico, deixamos as seguintes aclaracións:

  • Mantéñense as bolsas para o alumnado de FP que decidíu pospoñer as prácticas de FCT por mor da pandemia. (enlace)
  • Igual que en anos anteriores, deberá devolver as cuantías das bolsas o alumnado que:
  • Causara baixa nos estudos para os que solicitou a bolsa.
    • Non cursara un mínimo do 80 % das horas lectivas.
    • Reducira o número de materias/módulos matriculados sen acadar o mínimo esixible para ter dereito a bolsa de estudos.
    • Non aprobar un mínimo do 50% das materias/créditos/horas matriculados.
    • Non ter superado o curso de acceso ou preparación para a FP ou as EOI.
    • Non ter presentado o Proxecto de fin de Estudos no caso de ter solicitada a bolsa para tal fin.
  • O alumnado con NEAE deberá devolver as bolsas concedidas nos seguintes casos:
    • Causara baixa nos estudos para os que solicitou a bolsa.
    • Non cursara un mínimo do 50 % das horas lectivas.
    • Non ter pagados servizos prestados para os cales se concedera a bolsa: transporte, residencia, axudas ao estudo.
    • Reintegrará a bolsa o alumnado que recibindo cartos para o comedor, non houbera usado este servizo.

(enlace Instrucións)

 

Desde aquí pódese acceder a este marabilloso traballo feito por alumnos de 1º de ESO do IES María Sarmiento de Viveiro durante o curso 2017-18.

O alumnado de 1º da ESO do IES María Sarmiento seguirán cursando materias E-Dixgal no vindeiro curso 2019-20, e disporán do equipo durante o período estival, facéndose cargo de todos os elementos e incorporándose ao próximo curso co material en perfectas condicións.

Se queren entregar o portátil no período estival:

Deberán entregar o equipo no centro en perfectas condicións (co seu correspondente maletín, cargador) e asinar o documento achegado polo centro.

Neste caso o ordenador portátil se clonará (perdendo todos os documentos incorporados polo alumno) e no próximo curso 2019-20 se lle poderá adxudicar o portátil ó mesmo alumno ou a outro.

Esta entrega voluntaria poderán realizala no IES María Sarmiento os días 27 e 28 de xuño e o 1 de xullo en horario de 10:00 a 13:00.

Para máis información consultar as Normas para o noso centro e/ou as Normas xerais do proxecto E-DIXGAL.

Publicouse a convocatoria do fondo solidario de libros de texto e material escolar para o curso escolar 2019/2020.

Para máis información https://www.edu.xunta.es/fondolibros/ e AQUÍ.

Os anexos pódense obter AQUÍ.

O prazo para a presentación de solicitudes e desde o 21 de maio ao 21 de xuño de 2019.

Na Resolución de 9 de xuño da Dirección Xeral de Educación, Formación  Profesional e Innovación Educativa pola que se ditan instrucións para a adopción das medidas necesarias para a aplicación do disposto no Real Decreto 562/2017, de 2 de xuño, polo que se regulan as condicións para a obtención do título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria e modelo de Consello Orientador da ESO recóllese que para obter o título da ESO hai que

  • Ter avaliación positiva en todas as materias, ou negativa nun máximo de dúas materias, sempre que non sexan Lingua Galega e Literatura e Matemáticas, ou Lingua Castelá e Literatura e Matemáticas.
  • Ter acadados os obxectivos da etapa e adquiridas as comptencias correspondentes.

No presente curso imos usar unha folla de cálculo para obter a cualificación de cada competencia. A fórmula para obter a cualificación da competencia consiste en:

Sumar o resultado de multiplicar a cualificación de cada materia polo número de ítems que ten asignados cada competencia na correspondente materia e dividir pola suma de todos os ítems de todas as competencias que cursou a alumna ou alumno.

A folla de cálculo, adaptada ao presente curso e ao noso centro, pódese descargar en formato .ods (LibreOffice Calc) ou .xls (Microsoft Excel).

Nas seguintes ligazóns pódese acceder a un simulador das cualificacións das ABAU e das cualificacións de acceso aos diferentes graos.

Hai que introducir a media de Bacharelato e a nota das diferentes materias de ABAU. A folla de cálculo divos se aprobades ou non, se tedes dereito a bolsa de estudos (de matrícula ou completa), ...

Pódese descargar en formato .ods (LibreOffice Calc) ou .xls (Microsoft Excel).

A Consellería de Educación vén de recoñecer a innovación tecnolóxica na FP do IES María Sarmiento de Viveiro con tres premios a tres proxectos presentados por un grupo de profesores deste centro.

Entrenador de sensores no automóbil, premiado con 3700€: Este proxecto pretende construír unha maqueta de traballo para que as alumnas e alumnos podan facer prácticas de electricidade, electrónica e informática nos modernos sistemas que inclúen os vehículos comercializados hoxe en día. Por cuestións económicas o alumnado difícilmente ten acceso a estes sistemas ata que levan uns anos presentes no mercado. Estes sensores e actuadores recuperaranse a través de desguace de vehículos accidentados, instalaranse e configuraranse nunha estrutura deseñada para tal fin. Despois incluiranse unhas tomas de diagnoses para a súa análise por parte do alumnado dos ciclos de Electromecánica do automóbil e Carrozaría.

Maqueta didáctica de prácticas para o estudo dos sistemas TT (Toma de Terra), TN (Toma Neutro) e IT (Impedancia a Terra), premiado con 7000€: O interese deste proxecto de innovación educativa radica en que nos vai permitir realizar de forma empírica e segura, nun entorno controlado e illado da instalación do Centro Educativo, o estudo dos diferentes elementos dunha instalación eléctrica, así como a súa configuración. O habitual é que moitos dos aspectos que imos analizar se aborden unicamente de forma teórica e partindo de bases que a miúdo resultan pouco intuitivas e difíciles de aceptar. Na elaboración da maqueta estarán implicados alumnas e alumnos tanto do Ciclo Medio como do Superior, debido á súa relación con diferentes módulos dos Ciclos de Electricidade.

Desenvolvemento de modelos de construción de trampas para avespa asiática (v. velutina), premiado con 3.300€: Este proxecto pretende estudiar as distintas alternativas na elaboración de trampas baseadas na utilización de arpas eléctricas para a loita contra a vespa velutina nos colmeares de apis melífera, dotandoas con recursos tecnolóxicos innovadores empregando dispositivos Raspberry Pi/Arduino con posibilidade de control en tempo real vía internet. Tentando implementar solucións viables segundo as necesidades enerxéticas das trampas xeradas (conexión a rede eléctrica ou uso de baterías con paneis solares de apoio) e  acadando así varias modalidades de deseño de trampas adaptables as necesidades dos apicultores (Apicultor pequeno/Trampa individual/tecnoloxía mínima contra Apicultor a gran escala/Trampas colectivas/alta dotación tecnolóxica).

PREMIO VOZ NATURA - NATURACCIÓN 2017 -2018 PARA O NOSO CENTRO.

O noso instituto vén de recibir o Premio provincial de Voz Natura e Naturación  (participaron 350 centros educativos) polo Proxecto Colaborativo "Catalogación de fontes e lavadoiros do concello de Viveiro".

Este premio, no que participaron 350 centros educativos, concédeo o programa medioambiental de La Voz de Galicia e desenvólveno a Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre con patrocinio da Consellería de Medio Ambiente, a Deputación d'A Coruña, a Fundación Alcoa, a Fundación Ramón Areces e El Corte Inglés.  

O proxecto "Fontes e lavadoiros", coordinado por Fran Basanta, implicou a diversos colectivos: alumnado, profesores de distintas áreas (historia, bioloxía, linguas, tecnoloxía, ...), ex-alumnos, ... e presentou como produto final un catálogo  das fontes e lavadoiros de uso público e semipúblico acompañado de fichas de estudo en distintos campos, (o elemento de “protección do patrimonio etnográfico” foi unha baza importante para acadar este premio)  así como unha APP de móbil para localización creada polos propios alumnos.

O proxecto ten previsto continuar o vindeiro curso ampliando a catalogación aos concellos limítrofes do Vicedo e de Ourol e continuar co perfeccionamento da APP xa que como di Basanta “é interesante como recuperación do medio ambiente, eliminación de especies invasoras, protección do patrimonio, da toponimia...”

Os nosos parabéns a todos os implicados e a todos os centros premiados e desde aquí desexar que os proxectos colaborativos sigan adiante no María Sarmiento porque son un estímulo para todo o alumnado, para facer cousas complementarias aos programas académicos.

No Consello Escolar do pasado 9 de maio aprobouse a solicitude de dúas seccións bilingües para o vindeiro curso: 

  • Física e química, 4º da ESO, idioma: inglés, profesora: María Alicia Teijido López.
  • Anatomía aplicada, 1º de BAC, idioma: inglés, profesor: Celso Pérez Guerreiro.

Véxase a ORDE do 12 de maio de 2011 pola que se regulan as seccións bilingües en centros sostidos con fondos públicos de ensino non universitario.

O número mínimo da alumnas e alumnos para poder desenvolver as seccións bilingües é de 12 na ESO e 10 no Bacharelato.

Aquelas familias interesadas en participar nunha das dúas seccións bilingües poden facelo cubrindo o Documento e entregándoo no centro antes do 30 de maio de 2018. O dito formulario de solicitude tamén será entregado a todo o alumnado susceptible de participar nunha delas.

No IES María Sarmiento impártense ciclos formativos de catro familias profesionais. Premendo sobre cada unha das imaxes accédese ao folleto informativo do ciclo correspondente. (Detectouse que pode dar problema para visualizalo con Mozilla Firefox pero cos navegadores Microsoft Edge, Google Chrome e Opera funciona correctamente. En todo caso tamén se podería descargar o arquivo pdf e abrilo cun visualizador.)

Os ciclos que se imparten actualmente no centro son (premendo no nome de cada ciclos accédese ao currículo do mesmo) os seguintes:

Visitando a páxina de cada departamento de ciclos formativos pódese acceder á seguinte información relativa a cada ciclo que se imparte no IES María Sarmiento:

Que se aprende a facer?

En que ámbitos se traballa?

Que ocupacións se desempeñan?

Cales son os módulos do ciclo?

Que título se obtén?

A que outros estudos se pode acceder?

Pódese acceder de forma rápida á páxina de cada departamento a través das ligazóns Administración e xestión, Electricidade e electrónica, Fabricación mecánica e Transporte e mantemento de vehículos.

E a través deste enlace terás acceso á descrición dos ciclos que se poden cursar no noso centro.

Para ter información sobre as saídas profesionais pódese consultar a páxina web SAÍDAS PROFESIONAIS.

Para ter información sobre as saídas académicas pódese consultar a páxina web SAÍDAS ACADÉMICAS.

Para máis información tamén se pode consultar a páxina http://www.edu.xunta.es/fp/

Teléfono contra o acoso escolar

900 018 018

Atendido as 24 horas do día os 365 días do ano

Adaptado a persoas con capacidade auditiva e de fala

 

Este número de teléfono 900 018 018 é unha ferramenta indispensable na loita contra o acoso escolar.

Os destinatarios do servizo son os alumnos, pais, nais e titores legais, profesores, equipos directivos e persoal dos centros docentes, e en xeral calquera persoa que teña coñecmento de casos de malos tratos ou acoso no ámbito escolar, tanto dentro como fóra do centro docente.

Inclúense tamén casos de ciberacoso, a través de internet, móbiles e redes sociais.
A intención do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte é chegar a todos os menores e a todos os supostos de malos tratos no ámbito escolar.

As chamadas serán atendidas exclusivamente por persoal en posesión dunha licenciatura ou grao universitario no ámbito da Psicoloxía. Pero a atención non será só psicolóxica, senón que conta cun equipo de traballadores sociais, xuristas e sociólogos que prestarán a atención que o menor necesite, incluida a consulta e derivación do caso ás forzas e corpos de seguridade, a inspección educativa, centros de saúde, ministerio fiscal e outras autoridades e institucións competentes, sempre de forma voluntaria, e asegurando en todo momento o anonimato e a confidencialidade das persoas que chamen se así o desexan.

O servizo prestarase durante 24 horas, os 7 días á semana, e todos os días do ano.

A chamada será gratuita, e non aparecerá na factura do teléfono desde o que se faga a chamada; é dicir, non deixará rastro algún.

Ademáis, ponse a disposición dos usuarios con discapacidade auditiva ou da fala un servizo de mensaxería de texto, así como a atención dun axente en linguaxe de signos por video-chat ou video-chamada.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut