You are hereCiencias Naturais, Ciencias Sociais, Cultura Clásica, Economía, Educación Física, Educación Plástica, Filosofía, Física e Química, Grego, Latín, Lingua Española, Lingua Francesa, Lingua Galega, Lingua Inglesa, Lingua Portuguesa, Linguas clásicas, Madeira, Matemáticas, Música, Orientación, Relixión, Tecnoloxía, Xeografia e historia

Ciencias Naturais, Ciencias Sociais, Cultura Clásica, Economía, Educación Física, Educación Plástica, Filosofía, Física e Química, Grego, Latín, Lingua Española, Lingua Francesa, Lingua Galega, Lingua Inglesa, Lingua Portuguesa, Linguas clásicas, Madeira, Matemáticas, Música, Orientación, Relixión, Tecnoloxía, Xeografia e historia


O ALUMNADO DO CICLO DE CARPINTERÍA DO IES ELABORA MOBILIARIO INNOVADOR PARA A BIBLIOTECA

  Alumnado e profesorado do Ciclo de Carpintería e Moble do IES de Melide, fixo entrega hoxe do novo mobiliario deseñado e creado no propio centro educativo e que incorpora materiais de última xeración. As estanterías son multifuncionais, con espazo de almacenaxe e con mesado para lectura. A súa movilidade fai que o seu uso e o seu desprazamento sexa máis sinxelo. Parabéns ao Ciclo de formación profesional do IES pola súa aportación e contribución á mellora da nosa biblioteca.

O ALUMNADO DO IES PARTICIPA NAS XORNADAS DAS PROFESIÓNS

  Durante esta semana, o alumnado de 4º de ESO e 2º de Bacharelato do IES de Melide, participou nas Xornadas de orientación profesional, asistindo ás distintas charlas que se propuxeron segundo o interese mostrado previamente polo alumnado. Os 14 relatores convidados tiveron ocasión de explicar a súa formación, o proceso de acceso e os pormenores do día a día das súas ocupacións profesionais, respondendo ás dúbidas que o alumnado lles plantexou e animando aos participantes. Agradecemos a colaboración aos profesionais que participaron desinteresadamente nestas Xornadas.

ESCOLAS SEN VIOLENCIA

ESCOLAS SEN VIOLENCIA é un proxecto que nace da Fundación Educativa e Social Dignidade. Busca erradicar as condutas violentas no ámbito educativo e promocionar o bo trato nas aulas e fóra delas.

Nesta ocasión, visitaron o Ies de Melide para traballar co alumnado de 1º de ESO temas como a xestión emocional, empatía, a non violencia e a resolución de conflitos.  

 

 

O alumnado de Lingua portuguesa celebrando o 25 de abril

 Hoxe 25 de abril, o alumnado de Lingua portuguesa xuntouse para cantar "Grândola Vila Morena" de José Afonso, co gallo da conmemoración do 25 de abril, Día de Portugal, convidando a toda a comunidade educativa a entonar esta canción símbolo da liberdade, fraternidade e solidariedade dos pobos.

Ecovisita á Casa Grande de Xanceda

O alumnado de 4º de ESO das materias Iniciación á actividade emprendedora e empresarial e de Ciencias aplicadas á actividade profesional, visitaron a Granxa Ecolóxica Casa Grande de Xanceda para coñecer o seu sistema de produción e os seus produtos elaborados sin aditivos, pesticidas nin abonos químicos. Foi un ECOVISITA moi interesante!!

STOP ACCIDENTES, asociación de axuda e orientación a afectados por accidentes de tráfico.

Stop Accidentes traballou co alumnado de 2º de Fp básica, así como co de 3º e 4º de ESO, na sensibilización sobre o uso dos vehículos, a velocidade e o consumo de sustancias. 

Nesta primeira sesión coñecimos testemuñas dalgunha persoa afectada por accidentes e as consecuencias que malas decisións poden ter na nosa vida. 

 

XARUMA, entidade que traballa para a promoción da saúde mental, visita o Ies de Melide

A saúde mental é unha parte fundamental do desenvolvemento do noso alumnado, por iso consideramos necesario formar e sensibilizar sobre a súa importancia. Nesta ocasión, a asociación Xaruma participou nunha xornada de concienciación co alumnado de 1º de bacharelato. 

A través dunha dinámica cun taboleiro e diferentes cuestións que o alumnado tivo que resolver, falamos da depresión, da ansiedade, da axuda psicolóxica ou da importancia do apoio social. 

asociación Xaruma é unha entidade sen ánimo de lucro que fomentar e promociona a saúde emocional e mental para persoas con trastornos mentais e as súas familias

    

                    Alumnado participando

                                                                      

 

 

PRIMAVERA XOVE

Trasladamos a información que nos chegou sobre o programa Primavera Xove proposto pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia. O obxectivo deste programa é o de ofrecer novas iniciativas e alternativas saudables de ocio á mocidade para o seu tempo libre e levarase a cabo entre os meses de maio a xuño. Está composto por tres formatos de accións diferentes totalmente gratuítas que buscan dar resposta aos gustos e necesidades dos mozos e mozas.

MÁIS INFORMACIÓN

 

Resolución das SOLICITUDES ADMITIDAS para as PROBAS DE ACCESO A CICLO MEDIO

Para consultar as solicitudes admitidas para as probas de acceso a ciclo medio podemos acceder ao seguinte documento . Nel aparecen instruccións para obter o código persoal de consulta (CPC) que nos permitirá comprobar se a nosa inscripción foi admitida. 

O prazo de reclamación é do 24 ao 30 de marzo.

Prazo para solicitar as BOLSAS E AXUDAS AO ESTUDIO para o curso 2022-2023

Coa publicación do Real Decreto 154/2022, adiántanse os prazos para solicitar as BOLSAS E AXUDAS AO ESTUDIO para o curso 2022-2023. 

Tradicionalmente, esta convocatoria publicábase no mes de agosto. Nesta ocasión, e para axilizar os trámites, hai un cambio no prazo de solicitude , pasando a ser do  30 de marzo ao 14 de maio. 

Dende a páxina web do centro informaremos do procedemento unha vez aberto o prazo de inscrición. 

Para máis información pódese consutar a seguinte dirección.

AS NOSAS CREACIONS

Radio na Biblio

CALENDARIO

Distribuir

Distribuir contido