JUEGO-CONCURSO:"CONNECTED:THE GAME"

 

A FAD (Fundación de Axuda contra a Drogadición) e Google lanzan en todos os países da Unión Europea, “Connected: The Game”.

 

"Connected: The game" é un xogo-concurso virtual, dispoñible en cinco idiomas, español, inglés, francés, alemán e italiano, co obxectivo de sensibilizar a rapaces e rapazas europeos/as de 13 a 16 anos sobre o uso responsable das Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC), fomentando un uso construtivo das mesmas desde o respecto a un mesmo e aos demais.

 

No xogo poden participar adolescentes de todos os países da Unión Europea a través da plataforma http://www.connectedthegame.eu, desde o 1 de abril ata o 15 de maio de 2016.

 

Cada usuario compite no seu ámbito territorial (país) pero pode realizar o xogo no idioma que desexe.

 

Unha vez finalizado o prazo de participación, establecerase un gañador por país que recibirá un premio tecnolóxico.

A entrega de premios terá lugar na sede do Parlamento Europeo a finais de xuño de 2016.

ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!!