Novas
Comezan as clases de CUALE -inglés e francés-!!!
Enviado por Carmen Castelao o Mér, 13/09/2023 - 16:52
A vindeira semana, a do 18 de setembro, comezan as clases de CUALE, tanto de INGLÉS como de FRANCÉS, en todos os niveis.
Consulta no documento ADXUNTO o teu horario e a aula na que terán lugar.
Calendario escolar curso 2023/2024 IES Monte Castelo
Enviado por Carmen Castelao o Sáb, 09/09/2023 - 07:22Adxuntamos o calendario escolar vixente para o curso 2023/2024.
Descárgao aquí.
LIBROS DE TEXTO CURSO 2023/2024
Enviado por Carmen Castelao o Lun, 04/09/2023 - 15:10Adxuntamos a lista de libros de texto para o curso 2023/2024 naquelas materias que non se imparten no marco de EDIXGAL.
Recordamos a vital importancia das Aulas Virtuais nas materias que non contan con libro de texto nin EDIXGAL como espazos para facilitar os materiais ó alumnado.
CALENDARIO PRESENTACIÓNS CURSO 2023/2024
Enviado por Carmen Castelao o Lun, 04/09/2023 - 15:03O vindeiro luns, 11 de setembro, terán lugar as presentacións do alumnado de ESO, Bacharelato, FP e Adultos.
Nas horas indicadas no arquivo adxunto, o alumnado agardará polo profesorado titor na patio diante da porta principal.
A partir do martes, 12 de setembro, iniciaranse en todos os niveis as clases en horario habitual.
*Queda pendente de comunicación o inicio das clases de CUALE (inglés e francés, todos os niveis), así como de Español para Estranxeiros.
Curso de Capacitación Dixital. INSCRICIÓN.
Enviado por Carmen Castelao o Sáb, 02/09/2023 - 08:10No curso 2023/2024, o IES Monte Castelo incorpórase á Rede Nacional de Centros de Capacitación Dixital, iniciativa formativa que pretende achegar a competencia dixital a toda a cidadanía. Coa creación dunha aula de informática con 20 novos postos de traballo poderase impartir un curso básico de capacitación dixital para o sector produtivo orientado a toda a poboación interesada.
CARACTERÍSTICAS
-duración de 30 horas
-gratuito
-certificado da Consellería de Educación (válido para bolsas, oposicións, concursos...)
-varios grupos en diversas quendas e horarios
-impartidos por docentes do IES Monte Castelo que contan coa acreditación dixital
DESTINATARIOS
-persoas maiores de 18 anos e sen límite de idade
-persoas que non estean matriculadas noutros estudos dependentes da Consellería de Educación
MATRÍCULA
Descarga o impreso adxunto e remíteo ó noso enderezo electrónico (ies.monte.castelo@edu.xunta.gal) ou entrégao no IES Monte Castelo
CURSO DE DIXITALIZACIÓN
Enviado por loli o Ven, 16/06/2023 - 08:03--------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
PROMOCIÓN DE 2º DE BACHARELATO 2022-2023
Enviado por loli o Ven, 19/05/2023 - 08:45
Herminia Pernas, Titora de 2º Bacharelato B |
Victoria Pérez, Orientadora do Centro |
DISCURSO DE HERMINIA PERNAS COMO REPRESENTANTE DAS TITORAS Moi boas tardes a todos e benvidos ao tan agardado acto de graduación de 2º de Bacharelato. Atopámonos hoxe aquí, despois de oito longos e duros meses, nos que chegamos á conclusión de que a materia non se crea nin se destrúe senón que se acumula toda en 2º BAC. 2º BAC. Ese curso tan duro e temido polos estudantes, aínda que despois comprobamos que non era para tanto. Sempre se empeza de forma convulsa, con moitas incertidumes e crispacións pero non é como se empeza senón como se remata. E aquí estamos!!! Hoxe é un día importante para todos vós, un día no que ides deixar atrás unha gran etapa das vosas vidas, para empezar outra que, sei que vos emociona e asusta por igual (porque a min tamén me pasou). Aínda que hoxe imos celebrar que conseguístedes librarvos do instituto, o que se vos vén encima non vai ser un camiño de rosas. Dunha ou doutra forma, o instituto procurou axudarvos na vosa formación académica, e tamén na vosa evolución como persoas. Pero hoxe non só debemos evocar este curso, senón os anos de estudo, xogos, risas, amores e choros vividos entre as paredes no noso Centro, mudas testemuñas de secretos e anécdotas. Lonxe queda xa aquel primeiro día de clase na ESO onde en cada un de vós mesturábanse sentimentos semellantes aos que agora tendes: temores, esperanzas, satisfacción por unha etapa cumprida e grandes expectativas ante a nova que se iniciaba. Entón non nos coñeciades; éramos só unha parte máis dun centro novo ao que ansiábades chegar para seguir medrando. Pouco a pouco, apareceron os motes, os apodos e a confianza. Camiñamos ao voso lado e, aínda que ás veces puidéstedes pensar que vos poñíamos zancadillas ou cortapisas, non fixemos tal. Só queríamos prepararvos para a vosa vida adulta. Alguén me dixo hai anos que os profesores e mestres sufrimos o mal da adulescencia, unha extraña enfermidade propia de adultos docentes, que presentan –fora xa das aulas- síntomas propios da adolescencia. Bendito mal que se alimenta cada día do virus dos vosos poucos anos e que, especialmente en 2º BAC, fai que nos calcemos de novo os zapatos deste curso previo á universidade, e se nos poña esa mirada tenra, rebelde e ás veces odiosa que teñen os que asisten ao instituto. Pola nosa parte, só nos queda desexarvos moita sorte e agradecervos o feito de ternos convidado para pasar con vós este momento tan especial, no que será a última vez que nos vexamos como profesores e alumnos e tamén como compañeiros de clase. Como amigos verémonos por aí e incluso en non moitos anos, poida que sexamos colegas de profesión. Por iso, este momento non é o fin da viaxe, senón simplemente un trasbordo dun tren a outro, que vos vai levar a cada un nunha dirección distinta, e no que coñeceredes a outros pasaxeiros diferentes. Como acabo de dicir, probablemente nos cruzaremos no camiño xa que a vida da moitas voltas e as vías do tren non son infinitas. Sexa como sexa, quérovos pedir un favor, que nos vosos triunfos profesionais que sen dúbida han ser moitos, nunca decepcionedes como persoas. Iso é o verdadeiramente importante.
MOITA SORTE A TODOS E A TODAS E ATA SEMPRE |
Servizo integral de reparación - Edixgal
Enviado por Raul o Ven, 18/11/2022 - 10:07Información sobre o servizo integral de reparación
AUTORIZACIÓNS DE IMAXE E SAÍDA DO CENTRO
Enviado por Anónimo o Ven, 25/09/2020 - 14:25Na seguinte ligazón poden descargar o documento de autorizacións de imaxe e saída do centro que deben entregar aos/as titores/as asinado polos dous proxenitores.
Oferta Cafetería IES Monte Castelo 2020-2021
Enviado por Anónimo o Lun, 21/09/2020 - 18:03O seguinte arquivo amosa a oferta da cafetería do IES Monte Castelo. Nesta folla poderase indicar o pedido semanal de cada alumno/a que deberá deixar cuberta o derradeiro día da semana co pedido da semana seguinte. Prégase que o alumnado traiga os cartos xustos co fin de evitar o intercambio.
- 1
- 2
- 3
- seguinte ›
- última »