Novas

PROGRAMA ALERTA ESCOLAR

 

 

 

 

Horario dos titores de atención a pais, nais e titores legais

La voz de Galicia, 14 Maio

Plan de Convivencia

O IES Monte Castelo elaborou o seu Plan de Convivencia no curso 2015/16. Este plan foi aprobado polo Consello escolar nunha sesión extraordinaria o 14 de abril de 2016.  O documento elaborado pódese consultar no arquivo adxunto ao final deste documento.

 

 

Novo número de teléfono do IES Monte Castelo

Novo número de teléfono do IES Monte Castelo

 

O IES Monte Castelo cambia de número de teléfono e fax a partir do 1 de abril de 2016. Estes son os novos números:

Teléfono: 982 82 82 41

Fax: 982 82 82 55

 Rúa do Ril, s/n - 27880 Burela

email:  ies.monte.castelo@edu.xunta.gal

Pax. web: www.edu.xunta.gal/centros/iesmontecastelo

 

 

espazoAbalar

                                                                   

 

O espazoAbalar é unha moderna plataforma desenvolta pola Consellería de Educación e a Axencia para a  Modernización  Tecnolóxica de Galicia con dous obxectivos:

  • Achegar a educación aos cidadáns, incrementando a eficacia dos servizos que se lle proporcionan.
  • Desenvolver as TIC no ámbito educativo, fomentando a participación e motivación do alumnado e loitando contra o fracaso escolar.

O espazoAbalar estase a desenvolver dun xeito continuado no tempo coa inclusión de novos servizos para toda a comunidade educativa. Actualmente dispón dun espazo adicado ás Familias (espazoFamilias), o que permite aos pais e nais integrarse en maior medida na vida académica dos seus fillos/as, un espazo para os profesores (espazoProfesores) e outro para os centros educativos (espazoCentros). Tamén está a disposición de toda a comunidade educativa un repositorio de contidos educativos dixitais.

 

                                           

abalarMóbil  

O IES Monte Castelo participa no programa abalarMóbil dende o curso 2015/16. abalarMóbil está dispoñible para os responsables do alumnado para poder acceder ao seu perfil de espazoAbalar dende o seu teléfono móbil e así utilizar as súas funcionalidades dende calquera lugar de forma cómoda e rápida. As funcionalidades e servizos que as familias poden utilizar dende o seu móbil son:

-Acceder aos datos persoais

-Consultar as cualificacións

-Comprobar e xustificar as faltas de asistencia

-Consultar o apartado de faltas de conduta

-Solicitar unha titoría

-Consultar os datos do centro educativo

-Consultar os avisos ou notificacións

-Consultar as incidencias

 

Toda a información está dispoñible na web da Consellaría: https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/nova/abalarmobil

Tamén poden consultar a guía para as familias no arquivo adxunto ao final deste documento.

 

 

                                             

EDIXGAL

O IES Monte Castelo participa no programa EDIXGAL dende o curso 2018/19. EDIXGAL está dispoñible para o alumnado dos cursos 1º e 2º ESO.

Profesorado e alumnado dos centros implicados desenvolverán a sua actividade educativa diaria nun entorno virtual de aprendizaxe que lles va a permitir acceder a contidos dixitais de varias editoriais.

Os docentes poden elaborar a súa propia “mochila dixital” seleccionando a través da plataforma dixital os contidos formativos e podendo incorporar os materiais complementarios que desexen, así como contidos de elaboración propia.  Cómpre recordar que estes centros, integrados no proxecto Abalar, teñen tamén a súa disposición o espazoAbalar con máis de  2.900 recursos educativos dixitais complementarios en sete idiomas.

O alumnado pode acceder ao material seleccionado polo profesorado tanto a través dunha conexión a internet (modo online) como dende o seu netbook (modo offline). Deste xeito, garántese que os alumnos e as alumnas que non dispoñan de conexión a Internet desde as súas casas, poidan seguir o curso sen dificultade. De feito, todo o avance que realicen sen conexión será actualizado de maneira automática na plataforma en canto o netbook volva ter conexión de rede.

 

Curso Mentor "Crea tu web con WordPress"

Curso Mentor  "Crea tu web con WordPress"

Informamos que a principios da semana do 24 de novembro  incorporaremos o curso "Crea tu web con WordPress"  á oferta formativa de Aula Mentor. 

Wordpress é un xestor de contidos web diseñado especialmente para o desenrolo de bitácoras (blogs). A sinxeleza e versatilidade do mesmo facilitan as tarefas necesarias para levar a cabo a publicación de contidos en internet. O curso “Crea tu web con WordPress” está diseñado para que o alumno sexa capaz de:

    • Instalar e configurar a aplicación.
    • Editar a estructura e o deseño visual mediante plantillas.
    • Instalar complementos (“plugins”) que amplien as funcións.
    • Deseñar, desenrolar e publicar un proxecto web.

Adxuntamos o díptico con máis información.

Xustificante de faltas de asistencia do alumnado

No arquivo adxunto poden atopar o documento a cubrir polo pai/nai ou titor para xustificar as faltas de asistencia do alumnado.

 

 

Nova aplicación para deixar de fumar

Deixa de fumar xa!

Descárgate unha nova aplicación de móvil da Asociación Española contra o cancro que pode axudarche, Respirapp

Para máis información ver os arquivos adxuntos

 

Distribuir contido