Taboleiro de anuncios

MATRÍCULA ABAU PARA OS ALUMNOS QUE APROBAN 2º BACHARELATO en MAIO de 2024

CURSO 2023/24

 

 Alumnos bacharelato

 

 

 Os alumnos de 2º de bacharelato que aproben todas as materias en MAIO de 2024, antes de matricularse para a ABAU teñen que facer o depósito para o TÍTULO DE BACHARELATO.

 Importante: O pago do título ten que facerse a partir da data de avaliación (15 de maio de 2024)

             Documentación necesaria:

·    Fotocopia DNI

·    Recoller na secretaría do centro un impreso para pagar nunha entidade bancaria a seguinte cantidade:

Ordinaria:  54

Familia Numerosa: Categoría xeral:  27,03 €  -  Categoría especial: 0 € (TRAER FOTOCOPIA CARTILLA Fª Nª. actualizada).

Tamén se pode realizar o pago telemático dende a web de  Axencia Tributaria de Galicia (ATRIGA):

https://ovt.atriga.gal/#!/detalle_servizo/?Pago+de+taxas+e+prezos/11609748/4126995/11610401/2.1/item-pink

Os códigos para cumplimentar o impreso son os seguintes:
Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional ...................................... Código: 07
Delegación de Servizos Centrais .................................................................................. Código: 13
Servizo de Ensino Medio ............................................................................................. Código: 03
Taxa: denominación: Expedición de Títulos Académicos e Profesionais correspondentes as
ensinanzas establecidas pola LOE ................................................................................. Código: 302003

 Obxecto da taxa: Título de Bacharelato

--------------------------------------------------------------------------------------------------------

 

Para matricularse na ABAU os aprobados en MAIO 2023  (Avaliación de Bacharelato para o Acceso a Universidade):

 

 

Matrícula:  16 e 20  de MAIO de 2024  (horario 9:15 a 13:45)

 

Lugar: Secretaría do centro.

 

Documentación necesaria:

·    Resgardo acreditativo de ter efectuado o depósito do título de bacharelato.

·    Cubrir impreso de matrícula da ABAU, que facilita o centro ou que se atopa  nun arquivo adxunto.

·       Impreso de prematrícula que lle será entregado por parte de secretaría para que o alumnado comprobe os seus datos persoais e académicos. Logo da súa comprobación, o alumno/a debe entregalo asinado xunto co resto da documentación no momento de matrícula na ABAU (comprobar tlfno. móbil e e-mail e comunicar os erros en secretaria)

·      Recoller na secretaría do centro ou descargar e cubrir  o impreso de  taxas da ABAU  para pagar na entidade bancaria elexida a seguinte cantidade: 

-       Matrícula ordinaria:   63,67

-       Familia Numerosa 1ª - 2ª Categoría Xeral:  31,84 €  (Traer fotocopia da cartilla de  Fª Nª. actualizada)

-       Familia Numerosa Honra-Especial: GRATUITA (Traer fotocopia da cartilla de Fª Nª actualizada)

-   Persoal das Universidades do SUG (*): GRATUITA

 

            (*) Serán beneficiarios de matrícula gratuíta o persoal docente e de administración e servicios, así como o seu cónxuxe e fillos, das Universidades do SUG . A gratuidade deberá acreditarse mediante certificación dos respectivos servicios de persoal  e por medio da Fotocopia do libro de familia.

 

- Persoas con discapacidade ≥ 33%, victimas actos terroristas ou victimas de violencia de xénero: GRATUITA.    Acreditarase mediante resolución administrativa.

 

Información sobre a ABAU e acceso a universidade: http://ciug.cesga.es

 

Curso de Capacitación Dixital. INSCRICIÓN.

No curso 2023/2024, o IES Monte Castelo incorpórase á Rede Nacional de Centros de Capacitación Dixital, iniciativa formativa que pretende achegar a competencia dixital a toda a cidadanía. Coa creación dunha aula de informática con 20 novos postos de traballo poderase impartir un curso básico de capacitación dixital para o sector produtivo orientado a toda a poboación interesada. 

 

CARACTERÍSTICAS

-duración de 30 horas

-gratuito

-certificado da Consellería de Educación (válido para bolsas, oposicións, concursos...)

-varios grupos en diversas quendas e horarios

-impartidos por docentes do IES Monte Castelo que contan coa acreditación dixital

 

DESTINATARIOS

-persoas maiores de 18 anos e sen límite de idade

-persoas que non estean matriculadas noutros estudos dependentes da Consellería de Educación

 

MATRÍCULA

Descarga o impreso adxunto e remíteo ó noso enderezo electrónico (ies.monte.castelo@edu.xunta.gal) ou entrégao no IES Monte Castelo

MATRÍCULA 1º CURSO CICLOS FORMATIVOS. Documentación e impresos matrícula

  Documentación a presentar para a matrícula nun Ciclo Formativo:

q  Fotocopia do DNI do alumno

q  Fotocopia da tarxeta sanitaria

q  2 fotos tamaño carné

q  Certificación académica de acceso ó ciclo

q  Se é menor de 28 anos, xustificante de pago do seguro escolar a nome do alumno (1,12 euros) na conta de A Banca: ES08-2080-0183-26-3040001028

q  Autorización de imaxe (todos os alumnos): Pichar aquí

q Autorización saídas (sólo alumnado menor de idade): Pincha aquí

- Impreso matrícula ciclo medio Coidados Auxiliares de Enfermería (Réxime Ordinario)

- Impreso matrícula ciclo medio Coidados Auxiliares de Enfermería (Réxime Adultos)

- Impreso matrícula ciclo superior Ensinanza e Animación Sociodeportiva

- Impreso matrícula ciclo superior Química e Saúde Ambiental

MELLORES EXPEDIENTES DE ENSINO MEDIO 2019

O alumnado que participou o 4 de xullo de 2019 no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia

no acto de recoñecemento ó mellor alumnado de centros de ensino medio de Galicia foron

Martín Rodriguez Camino, Ana Díaz Carracedo e Manuel Rubiños Trelles.

CALENDARIO EXAMES SETEMBRO 2019

CALENDARIO DE EXAMES 2018

Plan de Convivencia

O IES Monte Castelo elaborou o seu Plan de Convivencia no curso 2015/16. Este plan foi aprobado polo Consello escolar nunha sesión extraordinaria o 14 de abril de 2016.  O documento elaborado pódese consultar no arquivo adxunto ao final deste documento.

 

 

Novo número de teléfono do IES Monte Castelo

Novo número de teléfono do IES Monte Castelo

 

O IES Monte Castelo cambia de número de teléfono e fax a partir do 1 de abril de 2016. Estes son os novos números:

Teléfono: 982 82 82 41

Fax: 982 82 82 55

 Rúa do Ril, s/n - 27880 Burela

email:  ies.monte.castelo@edu.xunta.gal

Pax. web: www.edu.xunta.gal/centros/iesmontecastelo

 

 

Curso Mentor "Crea tu web con WordPress"

Curso Mentor  "Crea tu web con WordPress"

Informamos que a principios da semana do 24 de novembro  incorporaremos o curso "Crea tu web con WordPress"  á oferta formativa de Aula Mentor. 

Wordpress é un xestor de contidos web diseñado especialmente para o desenrolo de bitácoras (blogs). A sinxeleza e versatilidade do mesmo facilitan as tarefas necesarias para levar a cabo a publicación de contidos en internet. O curso “Crea tu web con WordPress” está diseñado para que o alumno sexa capaz de:

    • Instalar e configurar a aplicación.
    • Editar a estructura e o deseño visual mediante plantillas.
    • Instalar complementos (“plugins”) que amplien as funcións.
    • Deseñar, desenrolar e publicar un proxecto web.

Adxuntamos o díptico con máis información.

Xustificante de faltas de asistencia do alumnado

No arquivo adxunto poden atopar o documento a cubrir polo pai/nai ou titor para xustificar as faltas de asistencia do alumnado.

 

 

Distribuir contido