Formación

VISITA DE DOCENTES AO NOSO CENTRO

-----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

Sergio Martínez, profesor de Xeografía e Historia no Centro de Formación para Persoas Adultas de Torrent (Valencia),  visitou estes días o noso centro para coñecer in situ como se imparte docencia a adultos nun Instituto de Educación Secundaria, cal é a nosa oferta educativa e aspectos relativos á xestión.
 Durante a observación non só participou en diversas clases, senón que tamén compartiu impresións con membros do noso Claustro e cos compañeiros do CIFP Rodolfo Ucha , que nos visitaron na fase autonómica do proxecto "Observa-Acción". Ademais, acompañounos en Dirección e coñeceu os proxectos nos que participamos.

 

ENLACE A GOOGLE FOTOS

Curso Mentor "Crea tu web con WordPress"

Curso Mentor  "Crea tu web con WordPress"

Informamos que a principios da semana do 24 de novembro  incorporaremos o curso "Crea tu web con WordPress"  á oferta formativa de Aula Mentor. 

Wordpress é un xestor de contidos web diseñado especialmente para o desenrolo de bitácoras (blogs). A sinxeleza e versatilidade do mesmo facilitan as tarefas necesarias para levar a cabo a publicación de contidos en internet. O curso “Crea tu web con WordPress” está diseñado para que o alumno sexa capaz de:

    • Instalar e configurar a aplicación.
    • Editar a estructura e o deseño visual mediante plantillas.
    • Instalar complementos (“plugins”) que amplien as funcións.
    • Deseñar, desenrolar e publicar un proxecto web.

Adxuntamos o díptico con máis información.

Recursos para o Aula Abalar

Esta será a páxina das novedades do proxecto Abalar.

Para comezar unha presentación das posibilidades que pode ofrecer a WEB 2.0. en educación

Dende esta páxina teréis acceso ó repositorio do Espazo Abalar, onde podedes atopar centos de recursos que poden ser descargados e logo cargados no propio servidor do centro con as vosas claves.
Ven organizado por cursos e materias.
Tamén podedes ter acceso a un aula virtual da Consellería para mellorar nas competencias dixitales propostas polo Proxecto Abalar
o se queredes tamén na propia Aula Virtual do noso centro
Non dubidedes en consultar todas as dudas e inquietudes que poidan xurdir nas aulas Abalar co coordinador.
RECORDADE.
O máis importante non é usar os ordenadores senón en que nos poden axudar para mellorar o proceso de ensinanza.
  
Distribuir contido