Curso de Capacitación Dixital. INSCRICIÓN.

No curso 2023/2024, o IES Monte Castelo incorpórase á Rede Nacional de Centros de Capacitación Dixital, iniciativa formativa que pretende achegar a competencia dixital a toda a cidadanía. Coa creación dunha aula de informática con 20 novos postos de traballo poderase impartir un curso básico de capacitación dixital para o sector produtivo orientado a toda a poboación interesada. 

 

CARACTERÍSTICAS

-duración de 30 horas

-gratuito

-certificado da Consellería de Educación (válido para bolsas, oposicións, concursos...)

-varios grupos en diversas quendas e horarios

-impartidos por docentes do IES Monte Castelo que contan coa acreditación dixital

 

DESTINATARIOS

-persoas maiores de 18 anos e sen límite de idade

-persoas que non estean matriculadas noutros estudos dependentes da Consellería de Educación

 

MATRÍCULA

Descarga o impreso adxunto e remíteo ó noso enderezo electrónico (ies.monte.castelo@edu.xunta.gal) ou entrégao no IES Monte Castelo

AdxuntoTamaño
modelo impreso matrícula rcd (1).odt136.57 KB
modelo impreso matrícula rcd (1).pdf129.23 KB