NORMAS PARA A ENTREGA DE LIBROS DE TEXTO DO FONDO SOLIDARIO PARA O CURSO 2020/21

NORMAS PARA A ENTREGA DE LIBROS DE TEXTO DO FONDO SOLIDARIO PARA O CURSO 2020/21 PARA TODAS AS FAMILIAS E ALUMANDO DE 3º E 4º DA ESO

Debido ás excepcionais circunstancias que rodean o comezo do presente curso 2020/21, vémonos na obriga de ditar as seguintes indicacións para a entrega de libros de texto procedentes do fondo solidario.

Estas indicacións son de obrigado cumprimento para as familias e alumnado de 3º e 4º da ESO ás que se lles foron adxudicados libros de texto, segundo a listaxe definitiva publicada polo centro o día 9 de setembro de 2020.

   1. A listaxe completa está publicada no tablón de anuncios da secretaría do centro.

   2. Na páxina web do centro están publicadas unhas listaxes coas citas para 3º ESO e outra coas citas para 4º ESO, coa correspondente DATA e HORA, para a entrega dos libros de texto.

   3. Nas listaxes, cada solicitante está identificado, polo número de solicitude e polas INICIAIS do NOME seguido dos APELIDOS da/do alumna/o.

   4. Prégase que se respecten as datas e horas indicadas, co fin de evitar aglomeracións no centro e posibles situacións de risco derivadas disto.

   5. Fóra da data e hora establecida, NON se farán entregas de libros durante os días que dure o reparto.

   6. Para a entrega dos libros será necesario que acuda ao centro a nai, o pai, o/a titor/a, maior de idade, que asine o documento de entrega de libros.

   7. NON se entregarán os libros ao alumnado que veña sen unha persoa maior de idade que poida asinar a correspondente entrega.

   8. Aquelas persoas que non podan acudir nas datas e horas sinaladas para a recollida de libros, poderán facelo en datas posteriores, pero sempre solicitando cita previa a través da seguinte ligazón web de rexistro

AdxuntoTamaño
Citas_entrega_libros_3ESO.pdf220.46 KB
Citas_entrega_libros_4ESO.pdf225.37 KB
libros fondo solidario.pdf103.04 KB