VIAXE A MADRID E RECEPCIÓN NA EMBAIXADA CHECA

Ester Riveira, Sergio Romero e Lucía Murados, acompañados da Directora, Carmen Castelao Cora , e da Secretaria, Eugenia Orizales, asistiron a un encontro organizado pola Embaixada da República Checa para favorecer o intercambio de experiencias Erasmus+.

 

 

Aproveitaron a viaxe a Madrid para ver a Porta do Sol, Porta de Alcalá, Cibeles, Concello de Madrid, Palacio Real, Catedral da Almudena, Xardíns de Sabatini, o Barrio das Letras e o coñecido como "Callejón del Gato",etc. Unha experiencia enriquecedora e inolvidable.

Ester, Lucía e Sergio van participar  nunha mobilidade dun mes que realizarán en Praga o vindeiro setembro.