REUNIÓN DO PAP COMENIUS MEDIA NO IES MONTE CASTELO

 

   

Dende o 8 ata  ó 11 de abril o IES Monte Castelo acollerá ós profesores integrantes do Programa PAP Comenius Multilateral "MEDIA". Estes ensinantes procedentes de centros educativos de Larciano e Lamporecchio (Italia) de Poussan (Francia) e de Oradea (Rumania) debatirán xunto cos profesores do centro burelés sobre a importancia dos medios de comunicación na sociedade actual -e mais concretamente na xente nova- e como a escola pode afrontalos e incluso utilizalos como vehículo de aprendizaxe.