PLAN DE AUTOPROTECCIÓN

 

 

 O Plan de Autoprotección e un documento que serve de ferramenta para poder implantar un Plan de Evacuación ante situacións de urxencia que se poidan dar nun centro de traballo (no noso caso,  un IES), ademais de poder recoller información referente ao edificio (diferentes pavillóns, talleres, oficinas, etc.) en que sexa de aplicación en canto a sistemas de seguridade e protección para os usuarios do mesmo -alumnos, profesores, persoal de administración e servizos-.

 Por outra banda, a orde de 13 de Novembro de 1984, sobre evacuación de centros docentes, establece para os Centros Educativos a obrigatoriedade de realizar un simulacro de evacuación do centro escolar durante o primeiro trimestre de cada curso escolar.

Co fin de coñecer a viabilidade do plan de autoprotección realizarase un simulacro/formación que nos axude a melloralo. Co resultado de devandito simulacro, o Plan de Autoprotección someterase á consideración do Consello Escolar para a súa aprobación.

  Dende aquí poñeremos a disposición  da comunidade escolar distintos materiales que nos poden servir de axuda nunha situación de emerxencia:Os Planos de evacuación do Ies Monte Castelo, protocolos de actuación para a evacuación do Ies e calquer outro material de interés en prevención de riscos.

Descarga os ficheiros adxuntos           

 

  

  

AdxuntoTamaño
Instrucións para os alumnos.pdf575.16 KB
ficha evacuación.pdf437.36 KB
recomendacions para os alumnos ante emerxencias.pdf90.13 KB
PlanosIES Burela2013.pdf3.06 MB