Novas

Técnico superior en Química e saúde ambiental.

Nova titulación de Técnico Superior en Química e Saúde Ambiental.

Este ciclo só se pode realizar no IES Monte Castelo dentro da provincia de Lugo.

Familia: Seguridade e medio ambiente
Sistema educativo: LOE
Grao: superior
Horas: 2000

 

Código: SSEA04

Documentación (enlace)

Información (enlace

 

Que se aprende a facer?
Vixiar e controlar os efectos sobre a saúde dos factores de risco ambiental e alimentario, participar na posta en marcha e no desenvolvemento de sistemas de xestión ambiental e intervir en programas de educación para a saúde pública e comunitaria, baixo a supervisión, de ser o caso, do/da superior responsable, de acordo cos protocolos establecidos, respectando a normativa de referencia, e en condicións de calidade e seguridade.

 

En que ámbitos se traballa?
No ámbito sanitario dentro da área da saúde pública ou privada, en sectores produtivos potencialmente contaminadores e na administración estatal, autonómica e local en servizos relacionados coa saúde e/ou o ambiente. Poden formar parte de equipos de inspección sanitaria, de laboratorios de análises, centros de investigación, centros universitarios, explotacións agrarias e empresas de servizos de control ambiental.

 

 

Que ocupacións se desempeñan?
Técnico/a en xestión ambiental, coordinador/a de sistemas de xestión ambiental, programador/a de actividades ambientais, documentalista ambiental, técnico/a de control sanitario (alimentos, augas, atmosfera, residuos...), técnico/a de control de contaminación atmosférica, técnico/a de control de contaminación acústica, técnico/a de control de organismos nocivos, técnico/a en control de pragas no medio urbano e na contorna natural asociada, e comercial de información de produtos biocidas e fitosanitarios.

 

A que outros estudos se pode acceder?
Este título permite o acceso directo a calquera ciclo formativo de grao medio ou superior. Tamén é posible obter o título de bacharelato matriculándose e superando unicamente as materias xerais do bloque de materias troncais da modalidade de bacharelato elixida, e a materia de Lingua Galega e Literatura. Así mesmo, é posible acceder a calquera ensinanza universitaria de grao, de modo directo, sen necesidade de proba. Se o título universitario tivese limitación de prazas o acceso farase tendo en conta a nota media do ciclo formativo.

Protexe o teu medio

O programa pretende, mediante o préstamo dun equipamento básico, formar unha comunidade global de profesorado, alumnado e científicos/as traballando na tarefa común de coñecer mellorar a calidade do aire e das augas.

Enlace ao programa

No noso centro realizarano o alumnado do ciclo de Saúde Ambiental e involucrarase a diversos cursos da ESO. no estudo da calidade do aire e das augas.

CLUB DE CIENCIA

O IES Monte Castelo volve a participar no programa de innovación educativa de Club de Ciencia.

Enlace á convocatoria.

Enlace á resolución.

Enlace ás actividades desenvolvidas no Club de Ciencia do curso 2018/19

Espazo Maker

O IES Monte Castelo é un dos centro seleccionados para participar no programa de innovación educativa ESPAZOS MAKER

Blog MOON, unha historia alunizante

Enlace á convocatoria

Enlace á resolución

English Week

O IES Monte Castelo foi seleccionado para participar en actividades de inmersión lingüística en lingua inglesa, English Week.

O alumnado que vai realizar esta inmersión lingüística será o de 3º ESO e poderán participar un total de 25.

Enlace á resolución definitiva.

Horarios CUALE 2019 - 2020

Os harorios para o presente curso están nos seguintes enlaces:

CUALE INGLÉS.

CUALE FRANCÉS.

Vales para adquisición de material escolar setembro 2019

Xa están dispoñibles os vales para a adquisición de material escolar para o alumnado matriculado en setembro 2019.

Lugar de recollida, secretaría do centro en horario de 9:30 a 13:30

Listaxe Provisional Fondo Libros. Xullo 2019

HORARIO CUALE 2017-2018

HORARIO CLASES CUALE INGLÉS    CURSO 2017 – 18

 

SESIÓNS

LUNS

MARTES

MÉRCORES

XOVES

VENRES

16:15 – 17:05

 

B2 (POL 2)

 

 

B1 (POL 2)

17:05 – 17:55

 

B2 (POL 2)

 

 

B1 (POL 2)

 

17:55 – 18:45

B1 (POL 2)

A1 (POL 2)

 

A2 (POL 2)

 

18:45 – 19:35

A1 (POL 2)

A1 (POL 2)

 

A2 (POL 2)

 

RECREO

19:50 – 20:40

B2 (POL 2)

 

A2 (POL 2)

 

 

 

HORARIO CLASES CUALE FRANCÉS    CURSO 2017 – 18

 

SESIÓNS

LUNS

MARTES

MÉRCORES

XOVES

VENRES

16:15 – 17:05

 

A1 (2º ESO B)

A2 (2º ESO B)

 

 

17:05 – 17:55

 

A1 (2º ESO B)

 

 

17:55 – 18:45

A2 (2º ESO B)

 

 

 

 

18:45 – 19:35

 

 

 

 

La voz de Galicia, 14 Maio

Distribuir contido