Extraescolares

ANDAINA BURELA-SARGADELOS 1º BACHARELATO A

--------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

Alumnado de 1º de Bacharelato A e o seu profesor Alfonso Iglesias organizador da andaina  enmarcada dentro da unidade didáctica "Sendeirismo e orientación no medio natural"

VISITA Á CIDADE DA CORUÑA DO ALUMNADO DE 1º BACHARELATO A

-------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

O alumnado de 1º de Bacharelato A visitaron o Muncyt e o EDAR. Estiveron acompañados dos profesores Esperanza Pernas e Mario Cuevas.

 

 

VISITA Á CIDADE DA CORUÑA DO ALUMNADO DE 1º DE BACHARELATO DE ARTES

-----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

O alumnado de 1º de Bacharelato de Artes visitaron a exposición Meisel e realizaron un taller a partir da súa obra co artista David Catá.

Despois realizaron unha visita guiada á exposición "Proyecto Polaroid".

Estiveron acompañados polos profesores Sonia Prado e César Losada.

 
 

VIAXE Á PROVINCIA DE OURENSE

--------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

O alumnado de 4º de ESO e de 1º de Bacharelato de Tecnoloxía e de Bioloxía e Xeoloxía visitaron varios sitios emblemáticos de Vilanova dos Infantes, Allariz e Celanova.

Tamén visitaron o Pazo de Fontefiz, que é o centro de recursos zooxenéticos de Galicia, ubicado no Concello de Coles, que alberga a maior explotación de gando vacún da provincia,

sendo o principal referente en canto a recuperación, conservación e promoción de razas autóctonas.

Esta viaxe educativa foi organizada polos Departamentos de Xeografía e Historia e Bioloxía e Xeoloxía.

 

ENCONTRO DE MULLERES DO CENTRO NO ACTO "ÁMBITO RURAL, MULLER E GARDA CIVIL: TRES REALIDADES CON FUTURO"

------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

"ÁMBITO RURAL, MULLER E GARDA CIVIL: TRES REALIDADES CON FUTURO"  é o encontro ó que asistiron hoxe as nosas alumnas na Casa da Cultura de Burela.

Imagen
Imagen Imagen

11F-MÁSTERCLASS DE FÍSICA DE PARTÍCULAS

-----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

Cecilia Anello e Ester Riveira de 1º de Bacharelato, foron seleccionadas para asistir á Másterclass de Física de Partículas que organiza a USC co Instituto Galego de Física de Alta Enerxía para conmemorar o 11F.

Estiveron acompañadas de Teresa Galdo, profesora do Departamento de Física e Química.

 

VIAXE A ANDORRA DO ALUMNADO DE 3º E 4º ESO

-----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

PINCHA NA IMAXE

Imagen

VISITA DO ALUMNADO DE 2º DE CSEAS AO "CENTRO COIDANDO DE VÓS"

----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

O alumnado de 2º de CSCEAS volveu ao centro de día Coidando de Vos de Burela para desenvolver outra sesión de tipo práctico.

Dividiron a sesión en 2 partes:

1ª. XIMNASIA DE MANTEMENTO:
Cada un dos alumnos foron participandfo como monitores facendo os exercicios que xa tiñamos preparados. O resto do alumnado asistía aos usuarios con maiores limitacións de mobilidade e/ou coordinación.
A actividade foi todo un éxito, tanto a nivel de partiicipación como de implicación.

2ª. MÉTODO BAPNE: adaptamos o método bapne a persoas maiores. Consistiu nunha progresión de exercicios de percusión corporal empregando palmadas e pasos. Primeiro creando nos o propio ritmo primeiro coas mans, despois cos pes e finalmente con mans e pes simultaneamente. Unha vez asimilado o ritmo tratamos de que os usuarios se adaptaran a un ritmo externo (un par de cancións típicas). Deste xeito fomos rematando nunha coreografia grupal na que interactuamos monitores e usuarios creando unha atmósfera amigable e moi positiva que nos levou a rematar bailando en parellas como se dunha pista de baile se tratase.

Acadamos os obxectivos que tiñamos marcados:
- Conseguir altos niveis de participación por parte dos ususarios
- Realizar exercicios adaptados as suas necesidades específicas,l considerando posibles adaptacións individuais.
- Poñer en práctica diferentes exercicios para a mellora da mobilidade, forza, axilidade, coordinación e equilibrio.
- Potenciar as relacións sociais a través de actividades cooperativas e a música.

A experiencia foi moi positiva. O profesor Benxa Soto organizou esta actividade e as outras que se fixeron no mesmo centro.

LENISE SOFIA LOPES MONTEIRO RECIBE O PREMIO NACIONAL ERASMUS+ FP

-----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

Lenise Sofía Lopes Monteiro, alumna do Ciclo Superior de Química e Saúde Ambiental, tras titular con nós en Coidados Auxiliares de Enfermería, recibiu en Madrid o PREMIO NACIONAL ERASMUS+ FP.

A cerimonia de entrega de premios estivo presidida polo ministro Joan Subirats e foi retransmitida en directo.

Estivo acompañada da Directora do noso centro, Carmen Castelao, do Coordinador de Proxecto Internacionais, Marcelino Luna e de Irene Paredes, destacada colaboradora Erasmus+ durante a súa carreira profesional como profesora no noso centro.

Este é un Premio á Calidade dos Nosos Proxectos #ErasmusPlus35años!!!

 

 

 

ENLACE AO VIDEO DA ENTREGA DO PREMIO

 

 

 

 

 

2º ESO VISITA OUTEIRO DE REI E LUGO

--------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

O alumnado de 2º ESO visitaron a Casa-Museo de Manuel María en Outeiro de Rei. Posteriormente desprazáronse a Lugo para coñecer o Museo Universitario da Domus do Mitreo. Estiveron acompañados dos profesores Carme Cociña e Paulo Martínez, ambos do Departamento de Lingua e Literatura Galega. Esta actividade estivo organizada polo Equipo de Normalización e Dinamización LingÜística e o Departamento de Lingua e Literatura Galega.

Distribuir contido