Saltar navegación.
Inicio

Secretaría

Curso 2019/2020 - Impresos de matrícula e instruccións.

Modelos de impresos de matrícula para ESO e Bacharelato con instruccións.

 

Como cada curso escolar compre facer o trámite de matrícula para todos os cursos de ESO e Bacharelato.

Ao alumnado xa matriculado no Centro entregaráselle un impreso co último boletín de notas.

O alumnado de nova incorporación pode descargar e imprimir os modelos para non verse obrigado a achegarse dúas veces ao IES para este trámite.

Lémbrase a recomendación de empregar os días do prazo legal recomendados nas instruccións, xa que deste xeito evitamos colas interminables e poderemos prestar mellor atención a cada persoa.

MODELOS DE MATRÍCULA:

ESO: , , E

Bacharelato: , 2º Ciencias, 2º Humanidades ou Ciencias Sociais.

Ponte de san Xosé

O vindeiro luns 18 de marzo non haberá actividade docente no IES Pedra da Auga.

Substituímos así unha das festividades locais deste 2019 que caeu fóra do calendario escolar, tal e como marca a lei.

PROBAS DE ACCESO A CICLOS.

A dirección xeral de Formación Profesional ven de anunciar os prazos de inscripción para as probas de acceso a ciclos:

  • Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio: O prazo de presentación estará abranguido entre os días 7 e 22 de marzo de 2019, ambos os dous incluídos
  • Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior: O prazo de presentación estará abranguido entre os días 28 de xaneiro e o 8 de febreiro de 2019, ambos os dous incluídos

Deberán presentarse a estas probas aquelas persoas que sin posuir o título da ESO ou o 2º curso de B.U.P. pretendan matricularse en ciclos formativos de grao medio.

Deberán presentarse a estas probas aquelas persoas que sin posuir o título de Bacharelato, ou un título de técnico (grao medio) pretendan matricularse en estudios de ciclos formativos de grao superior.

Toda a información sobre esta convocatoria poderase consultar na web de referencia da F.P. da Xunta de Galicia.

PROCEDIMENTO DE ADMISIÓN PARA O CURSO ESCOLAR 2018/2019

O prazo para presentar solicitudes de admisión, para estudar o curso 2018/2019 Educación Secundaria Obritagoria e Bacharelato, abrangue dende o día 1 ao 20 de marzo.

As prazas dispoñíbeis neste IES son as seguintes:

Nivel educativo Nº de vacantes
1º ESO 0 VACANTES
2º ESO 28 VACANTES
3º ESO 12 VACANTES
4º ESO 26 VACANTES
1º BACHARELATO 19 VACANTES (13 ORDINARIAS E 6 PARA ANEE)
2º BACHARELATO 12 VACANTES

RELACIÓN DE ADMITIDOS 2016/2017

Premer no arquivo que se achega para acceder á listaxe de admitidos e excluídos do curso 2016/2017.

CALENDARIO PROBAS DE ACCESO A CICLOS 2016

  GRAO SUPERIOR GRAO MEDIO
Inscripción á proba 15 – 26 febreiro  4 - 15 abril 
Celebración da proba 20 abril  25 maio 

NOVIDADE: Acceso directo de Ciclo Medio a Ciclo Superior. 

Máis información:

Grao medio

Grao superior

Prazas vacantes en ciclos formativos

Hai prazas VACANTES nos seguintes ciclos formativos ofertados polo centro:

-CM de Instalacións eléctricas e automáticas

-CM de Servizos Administrativos

-CS de Administración e Finanzas

Podes matricularte ata o día 2 de outubro ás 13:00 h. Lembra que para acceder ó CM necesitas o título da ESO ou proba de acceso e para acceder ó CS, o título de Bacharelato ou proba de acceso.

Distribuir contido