Skip to Content

REANUDACIÓN DO PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN

Reestablécese o prazo de presentación das solicitudes de admisión de alumnado, de xeito que se iniciará o día 11 de maio de 2020 e rematará o día 18 do mesmo mes.

Recoméndase que se faga presentación telemática na páxina https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/

No caso de non ser posible, solicitarase CITA PREVIA para ser atendido presencialmente no teléfono 988 21 85 70 (de 10 a 12) ou no correo electrónico ies.prieto.nespereira@edu.xunta.es

Pregamos traian cuberta a solicitude coa seguinte documentación:

1- Solicitude - Anexo II.

2- Fotocopia do DNI do solicitante e dos membros computables da unidade familiar (só cando estes deneguen a súa consulta)

3- Certificado de matrícula expedido polo centro no que cursa estudos actualmente.

4- A efectos de aplicar o baremo:

- Certificado de empadroamento da unidade familiar oucertificado de empresa

- Certificado de familia numerosa

- Certificado de minusvalía

- Certificación académica de 3º da ESO onde conste a nota media (só para solicitantes de 1º de bacharelato)

- No caso de familia monoparental, copia da sentencia de divorcio

- Certificación da oficina de emprego, onde conste a situación de desemprego dos pais.

Novos prazos de publicación e reclamación

- Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo: ata    o día 26 de maio de 2020. (pregamos sexa entregada xunto coa                  solicitude/anexo II)

- Publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non                admitido:antes do 9 de xuño de 2020.

- Poderanse formular reclamacións contra as listaxes provisionais no prazo de 3 días hábiles contados desde o seguinte ao da súa publicación.

- Publicacón das listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido: ata o 26 de xuño de 2020.

Formalización da matrícula ordinaria en educación secundaria obrigatoria e bacharelato: do 1 ao 10 xullo.

Prazo extraordinario: do 1 ao 10 de setembro de 2020



page | by Dr. Radut