Skip to Content

Biografía J P Nespereira

Don Julio Prieto Nespereira

Dende 1992 o noso Centro chámase J. Prieto Nespereira; na súa honra.

 

BIOGRAFÍA

Retrato NespereiraJulio Prieto Nespereira naceu en Ourense en 1896 na rúa que hoxe leva o seu nome, e foi biografiado por outro ourensano ilustre, Ramón Otero Pedrayo. Dende neno tivo inclinación pola música e pola pintura. Con vintetrés anos fundou xunto con Vicente Risco, Virgilio e Otero Pedrayo, entre outros, a Coral de Ruada. En 1917 trasladouse a Madrid para estudar pintura co director do Museo do Prado, Alvarez de Sotomayor, que prosegue ata 1921. Debuxa no Museo de Reproducciones Artísticas e colaboura en revistas galegas, como «Alfar» e «Nós». Coñece o gravado na obra de Bramguym. En 1922 envía por primeira vez gravados á Exposición Nacional de Belas Artes. Na de 1924 obtén unha bolsa de viaxe, que lle permite visitar Portugal. As medallas nesta gran mostra comenzan a chegar: en 1926, a terceira; en 1930 a segunda e en 1932 a primeira. Ao longo da súa vida gañará outros moitos premios. En 1926 consegue a terceira medalla, como dicimos, e o invitan á Bienal de Venecia. O ano seguínte á Trienal de Florencia e á Internacional de Grabadores.

En 1928 cruza o Atlántico para visitar Bos Aires e Montevideo, onde expón a súa obra. Ó regreso a España funda a agrupación de gravadores «Los veinticuatro», concorre á Internacional de Barcelona e fai a súa primeira viaxe a París, xa en 1929. Un ano despois logra premio de honra na Exposición Hispanoamericana de Sevilla. En 1932, coa primeira medalla na Nacional de Bellas Artes, concorre á Internacional de Filadelfia, expón en Bos Aires, elíxeno presidente da Agrupación Española de Artistas Gravadores e se lle tributa unha homaxe en Madrid.
Noméano profesor de gravado artístico na Escola Nacional de Artes Gráficas en 1934, e un ano máis tarde consegue o premio Duque de Alba no concurso nacional organizado polo Círculo de Bellas Artes. Organiza exposicións de gravadores ingleses e franceses no Museo de Arte Moderno de Madrid. Pouco antes de comezar a guerra civil lle conceden o premio nacional de gravado. Os años da contenda bélica os pasa en Valencia e Barcelona.

Grabado Castilla
Como bolseiro do Ministerio de Asuntos Exteriores viaxa a Uruguay e Brasil en 1947 e 1948. É hóspede oficial en Montevideo, onde expón 140 gravados, que mostrará tamén en Río de Janeiro, Sao Paulo e Santos, así como en Punta do Este e Bos Aires, onde se relaciona con Espilinbergo, Quinquela Martín, Escotti e Portinari.
Prosiguen as súas exposicións en España. Viaxa ó Norte de Africa. En 1951 organiza a mostra «Goya y el grabado español», que percorre América de Norte a Sur, Filipinas, Japón e Oriente Medio. En 1953 representa a España na segunda Bienal Hispanoamericana e gaña medalla de ouro da Agrupación de Gravadores de Cuba. É nomeado membro da Academia de Artes e Letras de La Habana.
Ata 1955 foi figurativo. Evoluciona o seu concepto plástico, e no 1956 o da a coñecer en Praga, París e Hamburgo. Viaxa por Francia e Bélgica.

Organiza certámes, incansable, para dar a coñecer novos valores. En 1960 o nomean vicerector da Escuela Nacional de Artes Gráficas e no 1966 consigue o premio da Fundación March.
Alterna o gravado ca pintura. En 1966 realiza unha antolóxica no Museo de Arte Moderno de Madrid, onde mostra por vez primeira series famosas da súa arte como son "Hombres de mar", "Mujeres del campo gallego" e "Peces rotos". A proposta do artista galego, acórdase a creación do Museo Nacional de Gravado Contemporáneo e Sistemas de Estampación, en 1967, do que é nomeaado director entre 1967 e 1968.
A súa obra sigue percorrendo o mundo. Expón en Nueva York. É nomeado vocal do padroado do Museo Español de Arte Contemporáneo en 1971, e no 1974 lle conceden a medalla de ouro ó mérito nas Belas Artes. En 1976 gaña o premio da honra na Bienal de Grabado Hispano Argentino de Mendoza. Un ano despois realiza unha exposición en Ourense, da que a súa Deputación organiza un ciclo de conferencias a cargo de Otero Pedrayo, Cunqueiro e Filgueira Valverde. Os Reis de España lle entregan, en 1980, diploma e medalla do centenario do Círculo de Belas Artes. O Museo Provincial de Lugo inaugura unha sala monográfica do artista e a cidade lle dedica unha rúa. O gran conxunto da súa obra chega a Ourense, con gravados, debuxos e pinturas. É nomeado fillo predilecto da súa cidade natal en 1984. O Axuntamento de Pontedeume lle fai fillo adoptivo da vila en 1986.
Pese a súa dilatada existencia, traballa casi ata o mesmo día da súa morte, que lle chega o 5 de agosto de 1991. Póstumamente se crea a Bienal Internacional de Gravado que leva o seu nome e patrocinan a Xunta de Galicia e a fundación Caixaourense.
As distincións acumuláronse na súa persona, xa que foi Orden do Mérito, de Ecuador; encomenda da Orden de Isabel la Católica, medalla de ouro do Círculo de Bellas Artes e medalla de ouro ó Mérito no Traballo, así como membro da Real Academia de Bellas Artes de A Coruña, da Real Academia Galega e membro de honra de numerosas entidades de Madrid, Barcelona e América.
Está representado en todos os museos de grabado contemporáneos e nos de Galicia, como pintor, gravador e debuxante.

BIBLIOGRAFÍA:

-Otero Pedrayo, Ramón: Prieto Nespereira.
Madrid, Editora Nacional, 1970.
-Chamoso Lamas, Manuel: «Arte», en Galicia.
Barcelona, Edit. Noguer. 1976.
-Areán, Carlos: Julio Prieto Nespereira.
Madrid, Dir. Gral. Bellas Artes, 1973.
-VV. AA.: Un siglo de pintura gallega 1880/1980.
Buenos Aires, Museo Nacional de Bellas Artes, 1984.
-Pantorba, Bernardino de: Historia y crítica de las Exposiciones Nacionales de Bellas Artes.
Madrid, 1980.
-Pablos, Francisco: Plástica gallega.
Vigo, Caixavigo, 1981.
-VV. AA.: Prieto Nespereira.
A Coruña, Xunta de Galicia,1986.
-Rubio Martínez, M.: Ayer y hoy del grabado.
Tarragona, Edic. Tarraco, 1979.
Diccionario de pintores españoles contemporáneos.
Madrid, Edic. Estiarte, 1972.
-Carrete Parrondo, Juan; Vega Glez., Jesusa; Fontbona, Francesc, y Bozal, Valeriano: El grabado en España (siglos XIX y XX). Summa Artis. Vol. XXXII.
Madrid, Espasa Calpe, 1988.
-Campoy, A. M.: Diccionario crítico del arte español contemporáneo.
Madrid, Ibérico Europea de Edic., 1973.
-Martínez Barbeito, Carlos: Julio Prieto Nespereira.
Madrid, Pub. Españolas, 1969

 

Ver máis obras na galeria de fotos

Distribuir contido


by Dr. Radut