Asistir ao XX Congreso Estatal de Voluntariado, celebrado este ano en Ourense, foi unha experiencia diferente, un soplo de aire fresco para todos nós que estivemos alí. Aprendemos o valor do esforzo, da solidariedade e do espírito positivo.
No descanso poidemos disfrutar do café con bica, do break dance, do parkour, do skate, das hamacas con céspede artificial ... Pero sen dúbida o que máis nos gustou foi a charla de Anxo Pérez, emprendedor galego de Fisterra e cheo de enerxía. Ensinounos, entre outras cousas, a saudar en chinés e a bailar góspel.
Recordamos algunhas das súas mellores ideas:
-Atrévete.
-O inimigo da vida non é a morte, senón o desaproveitamento.
-O número de oportunidades presentadas depende do que provoques.
-Non admires o éxito, admira o esforzo.
GALERÍA DE FOTOS