Skip to Content

Seguro escolar

SEGURO ESCOLAR

SEGURO ESCOLAR

Quén debe aboar a cota do Seguro Escolar?

Todo o alumnado menor de 18 anos que se matricule en 3º ou 4º de ESO ou 1º ou 2º de Bacharelato.

Cándo hai que aboar a cota do Seguro Escolar?

No momento de formalizar a matrícula

Cánto hai que aboar?

1,12 € 

O feito de aboar a cota é suficiente para cumplir todas as esixencias do Seguro Escolar ?

Non. Ademais de aboar a cuota correspondente, é necesario ser titular dun Número de Afiliación á Seguridade Social (NUSS).

Como consigo o NUSS?

Para conseguir o NUSS é necesario cumprimentar o formulario TA.1 e presentalo xunto cunha copia do DNI do alumno, na secretaría do IES Julio Prieto Nespereira, no momento da matrícula, ou na Tesourería da seguridade social (r/ Concejo,1 de Ourense).

Cando reciban no seu domicilio a tarxeta co NUSS, deberán facer unha fotocopia e entregala na secretaría do IES JULIO PRIETO NESPEREIRA.

 

Protocolo de actuación en caso de accidente escolar

Alumnado de 1º ou 2º de ESO.

Sen cobertura polo Seguro Escolar

  • Comunicar o feito ao/á profesor/a, ao xefe de estudos e na secretaría.
  • O feito poráse en coñecemento dos pais.
  • No caso de que fose preciso, avisaranse aos servizos de urxencias 112.
    * Un/unha profesor/a (preferiblemente dos/as que estean de garda) acompañará ao/á alumno/a ata o momento que cheguen os pais.
  • O alumnado con prestación da Seguridade Social, recibirá asistencia sanitaria no Centro de Saúde que lle corrresponda ou no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO).
  • O alumnado con seguro privado, recibirá asistencia no centro que lle corresponda.
  • A prestación será cuberta coa tarxeta sanitaria do/a alumno/a.
  • O alumnado con prestación da Seguridade Social, cando reciban no seu domicilio o Modelo  de Prefacturación, deberán solicitar a documentaciónnecesaria no IES Julio Prieto Nespereira para proceder á súa tramitación no INSS e na Seguridade Social.

Alumnado de FPB, 3º ou 4º de ESO, 1º ou 2º Bch

  • Comunicar o feito ó profesor, ao xefe de estudos e na secretaría.
  • O feito porase en coñecemento dos pais.
  • No caso de que fose preciso, avisarase ao servizo de urxencias 112.
  • Un profesor (preferiblemente dos que estean de garda) acompañará ó alumno ata o momento que cheguen os pais.
  • A sistencia sanitaria recibirase no Centro de Saúde que lle corresponda ou no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO).
  • Unha vez recibida a asistencia sanitaria, deberán achegar á secretaría do IES Julio Prieto Nespereira o parte de asistencia médica e solicitar a documentaciónnecesaria no IES Julio Prieto Nespereira para proceder á súa tramitación no INSS e na Seguridade Social.
  • A prestación será cuberta polo Seguro Escolar.
  • No caso de recibir no seu domicilio a comunicación de Prefacturación, deberano entregar na secretaría do IES  Julio Prieto Nespereira para proceder á súa tramitación no INSS e na Seguridade Social.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut