Skip to Content

Mil Grullas chegan o Prieto Nespereira

Conta unha lenda xaponesa que se fas mil grullas de papel e o desexas moito, o teu maior desexo farase realidade.

Esta foi a lenda que os seus amigos lle contaron a Sadako Sasaki, unha nena víctima da bomba de Hiroshima que, ao cabo dos anos, caeu enferma de leucemia. Querendo que o pesadelo se acabase, Sadako comezou a construir as mil grullas, pero só chegou ás 644. Os seus amigos remataron o traballo por ela.

 Este luns, polo día da Paz, o alumnado de 4º da ESO colgou as 1000 grullas de papel na entrada do instituto, pero entre elas, destacaba unha moito máis grande, na que colgaba un nome especial: Manu, o noso compañeiro que recientemente nos deixou.

Van por ti, MANU!

Grazas as profesoras Nerea e María pola idea e dedicación e a todo o alumnado que participou.

 



page | by Dr. Radut