Skip to Content

Equipo de dinamización, Actividades complementarias

24 de febreiro: Día de Rosalía de Castro

Para o 24 de febreiro, fixado no Calendario do Libro e da Lectura como aniversario do nacemento desta autora, AELG propón desde 2010 á cidadanía que agasalle un libro en galego e unha flor.

No IES Julio Prieto Nespereira, o que propuxemos dende o EDLG foi a creación de fotopoemas para homenaxear a Rosalía de Castro. Grazas ao alumnado da materia de TIC polo seu traballo e á profesora Mª Asunción Rivera pola súa colaboración.

Galería de fotopoemas



 E para acompañar este día e ir preparando o vindeiro 8 de marzo, nada mellor que a música do grupo De Vacas e o seu tema "Rexurdimente". Seguro que vos soa a música...

 

21 de febreiro: Día da Lingua Materna

"A lingua materna é a primeira que aprendemos ou coa que máis nos identificamos. Conforma a nosa identidade, as nosas formas de pensamento, de expresión, como nos comunicamos, os recursos utilizados tan diferentes en cada unha. A nosa lingua materna defínenos con máis precisión e permítenos ser máis nós.

 

A UNESCO desde o ano 2000 realiza accións encamiñadas a resaltar o valor das linguas poñendo no punto de mira a súa riqueza, o cúmulo de coñecementos que encerran e o perigo da súa extinción. A perda dunha lingua é a desaparición de xeracións e xeracións de tradición e séculos de sabedoría e coñecementos.

 

A desaparición dunha lingua supón unha perda incalculable. Foi a súa defensa o que orixinou o Movimiento por la Lengua Bengalí que custou a vida de dous estudantes universitarios que buscaban o recoñecemento dos seus signos de identidade como lingua oficial de Paquistán. En memoria deste triste feito foi instituido o Día da Lingua Materna". (Fonte: www.bibliotecadegalicia.xunto.gal)





 

De amor e amizade

 

Se en xaneiro tivemos o Día da Paz, este mes de febreiro non podemos esquecer unha data tan sinalada como é o Día dos Namorados ou o San Valentín (que tanto nos/vos gusta). Para celebralo, convidámosvos a crear unha pequena composición literaria en formato de carta, conto ou poema que faga referencia ao amor ou á amizade.

 



Bo Nadal!

E chegamos ao final do ano e do primeiro trimestre! O último día, puidemos desfrutar das actuacións do alumnado do centro, ademais de entregar os premios aos gañadores/as dos concursos de nacementos e de postais de Nadal. Parabéns e boas festas!

Fotografías das postais gañadoras

 

 

Chega o Nadal

Para este mes de decembro, estamos a preparar un concurso de postais de Nadal coa axuda do Departamento de Educación Plástica e Visual e do Departamento de Relixión. Poderá participar todo o alumnado do IES Julio Prieto Nespereira e a tarxeta que resulte gañadora será a imaxe oficial do Instituto para confeccionar a felicitación destas festas.

Bases concurso postais de Nadal



25 de novembro

O 25 de novembro celébrase o Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Para tratalo na aula, podemos axudarnos da seguinte presentación (EDLG do IES Enrique Muruais) que nos fala das orixes deste día e da historia das irmás Mirabal.

No IES Julio Prieto Nespereira, o alumnado e o profesorado quixeron mostrar o seu compromiso coa loita contra a violencia de xénero. Poesías, haikus, bolboretas e debuxos tamén serven para denunciar a violencia contra a muller.


 

Relatos de medo

Xa temos as gañadoras do concurso Relatos de medo! O primeiro premio foi para Antía, alumna de 1º ESO A co seu relato titulado "Impo", mentres que o segundo premio foi para a historia "1938". Outra alumna de 1º ESO A, Estela, obtivo o terceiro premio co conto "Coidado coa túa curiosidade".

Explícoche Matemáticas 2.0

Para saber máis sobre as matemáticas...

 

Xeometría no Pórtico da Gloria

Interase análise da xeometría no Pórtigo da Gloria para celebrar este Día da Ciencia en galego. Podes darlle unha ollada na seguinte ligazón.

Domingo Fontán e a Carta Xeométrica de Galicia

Unidade didáctica sobre a figura de Domingo Fontán. Pódela consultar na seguinte ligazón.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut