CHARLA SOBRE EMPRENDEMENTO

¡¡Celebramos o día da muller!!

Charla con "Mulleres Colleiteiras"

O 22 de marzo o alumno de Ciclos Formativos e FP básica tivo unha charla con mulleres emprendedoras que forman parte dunha sociedade cooperativa galega:

"Mulleres Colleiteiras"

O seu proxecto ten como principal obxectivo o traballo de recollida, almacenamento, valorización e reutilización do aceite doméstico usado. Todo elo realizado por mulleres en situación de exclusión social, como medio para incorporarse ao sector fomal do autoemprego, ofrecendo unha proposta eficaz ao problema dos verquidos de aceite nas cociñas e ao aproveitamento dun recurso.

Esta activiadede é provida pola Coordinación de Emprendemento, e financiada polo Misinterio de Educación, Formación Profesional e Deportes, e pola Unión Europea NExtGeneration UE.