OBRADOIRO "EMPRENDENDO DENDE A REDE"

O pasado venres 7 de novembro, tivo lugar no Auditorio de Cedeira o obradoiro "Emprendendo dende a Rede", impartido por Borja Rubio Somoza, dinamizador da Rede Galega de Dinamización Xuvenil da Xunta de Galicia.

Este acto foi organizado polo departamento de Formación e Orientación Laboral (FOL) do IES Punta Candieira e polo concello de Cedeira, e a el asistiron os alumnos de 1º e 2º do ciclo superior de Administración e finanzas, do ciclo medio de Comercio e de 2º dos ciclos medios de Instalacións eléctricas e automatizadas, de Mantemento electromecánico, e do ciclo superior de Mecatrónica industrial.

O obxectivo desta actividade era fundamentalmente afondar sobre dúas temáticas: o emprendemento dende os blogues e o sistema de cofinanciamento e crowfunding.

A avaliación da actividade foi moi positiva. O alumnado participante tivo a oportunidade de coñecer as posibilidades de emprendemento dun negocio dende a Rede, utilizando os blogues como medio de publicidade e marketing, e tamén de entender o crowfunding como medio de financiamento da propia empresa.