VISITA AO CIQUS - 2º BACHARELATO CIENCIAS

Hoxe, 18 de decembro, os alumnos de 2º de Bacharelato de Ciencias, acompañados das profesoras Sofía Picos Nebril e Sandra Fernández Vales, asistiron ás Xornadas de portas abertas do CIQUS (Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materias Moleculares da USC) en Santiago de Compostela.

Alí puideron visitar as instalacións do centro, así como coñecer o seu funcionamento e as liñas de investigación que nel se están levando a cabo. Como experiencias prácticas sintetizaron Paracetamol e Aspirina.  

E ao rematar desfrutaron dun "xantar universitario" no comedor da residencia Monte da Condesa.