ONE WAY TICKET - ENGLISH PLAY

O pasado venres 8 de abril os alumnos do instituto asistiron no Auditorio Municipal de Cedeira á representación dobra de teatro en inglés "One way ticket", organizada polo Departamento de Inglés.

A obra representouse en dúas sesións. Á primeira, ás 9:30, asistiron os alumnos de 4º da ESO, 1º e 2º de BAC, 2º de FP Básica, CM de Comercio e CS de Administración e Finanzas. Na segunda, ás 11:30, participaron os alumnos de 1º, 2º e 3º da ESO e 1º de FP Básica. 

En cada unha das sesións da obra contouse coa activa participación de varios dos alumnos asistentes.