“Samaín? O que realmente dá medo é a violencia de xénero”.

A moita xente gústalle ver películas e series de terror, sentir medo… Sen embargo, para algunhas mulleres ese medo é algo moi real e teñen que sufrilo a diario.
 
Este Samaín, dende o Equipo de Igualdade do IES Punta Candieira, queremos reflexionar sobre a violencia baixo o lema “Samaín? O que realmente dá medo é a violencia de xénero”.
 
O alumnado, coa colaboración do Departamento de Artes Plásticas, elaborará carteis para decorar o centro. 
 
E o venres 29 de outubro queremos invitar a alumnado, profesorado e persoal non docente a que se disfrace! Monstros, bruxas, pallasos terroríficos, personaxes fantásticas… todo@s serán benvid@s