Charlas sobre Emprendemento 24 e 25 de Outubro

O 24 e 25 de Outubro impartíronse unhas charlas formativas, no marco da Aula de Emprendemento, co própósito de dar a coñecer a capacidade e viabilidade dun negocio propio.

Asistiu o alumnado de 1º e 2º de Ciclos Formativos e alumnos/as de 4º ESO.

Esta actividade é promovida pola Coordinación de Emprendemento, e financiada polo Ministerio de Educación e Formación Profesional e pola Unión Europea NextGenerationEU.