Talleres de emprendemento: Preséntate de forma efectiva en só 1 minuto, coa técnica do Elevador Pitch

Ó 14 de febreiro celebráronse uns talleres co alumnado de 1º Bacharelato, Ciclos Formativos e FP Básica.

O obxectivo é aprender a preparar e presentar unha información (Proxecto de empresa, curriculum vitae...) que chame a atención de alguén en moi pouco tempo, aportando os datos precisos para empatizar co público obxectivo.

Esta actividade é promovida pola Coordinación de Emprendemento, e financiada polo Ministerio de Educación e Formación Profesional e pola Unión Europea NextGenerationUE.