1ª Charla con Empresarios da comarca

 

O 10 de Marzo o alumnado de 2º cursos de Ciclos Formativos participou nunhas charlas con empresarios da comarca: Nerea Guerreiro (Empresa Cámara Brava) emprendedora no mundo audiovisual e tecnolóxico, Raúl Lomba (Empresa Wave Moda) emprendedor no mundo do Surf e Pepe Breijo (Empresa PortalNorte) emprendedor no turismo de aventura na comarca.

 Trátase de acercar aos estudantes á realidade profesional coa finalidade de que coñezan as oportunidades que teñen para emprender, e de que podan canalizar os seus esforzos na consecución dos seus obxectivos.

 Esta actividade é promovida pola Coordinación de Emprendemento, e financiada polo Ministerio de Educación e Formación Profesional e pola Unión Europea NextGenerationUE.