XL Olimpiada Galega de Química

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, acompañada do xefe territorial da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades, Indalecio Cabana, visitou esta mañá o IES Punta Candieira de Cedeira, onde tivo a ocasión de felicitar aos alumnos, Sara Novais Meireles e Álvaro Otero polos bos resultados conseguidos na XL Olimpíada Galega de Química. Nesta competición tamén participou outra alumna do centro, Gemma López.