Novas

Axudas e Distribución de máscaras para o alumnado

Convocadas as axudas para distribución gratuíta de máscaras ó alumnado de educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial dos centros educativos gallegos.

ORDE do 6 de novembro de 2020 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería e en centros privados concertados no curso 2020/21 (código de procedemento ED330E).

¿Quen opta a elas?

     1.      Se recibiches "cheque de material"... de xeito automático

O alumnado que xa obtivo a axuda para material escolar (os 50€) xa as ten concedidas automaticamente, polo que non precisa solicitalas. Entregaranse a este alumnado cando se remate o proceso, aproximadamente nos primeiros días de decembro (se avisará).

     2.      As familias cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 euros.

Poden solicitalas as familias que non tiveran a axuda de material escolar, tanto se pediu a axuda de libros ou non, sempre e cando cumpran os requisitos establecidos pola orde.

     3.      Alumnado matriculado en Educación Especial

Aquel alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia ou que teña unha discapacidade do 65% ou máis.

O prazo para pedilas é..

Pódese entregar a solicitude no instituto entre o luns 16 e o venres 27 de novembro de 2020. Lembra que se tiveches a axuda de material escolar (os 50€) xa non tes que pedilas porque telas concedidas de xeito automático.

Documentación a Cubrir...

Neste enlace tes á orde da convocatoria no DOG se queres ler todos os detalles, e ó remate desta publicación tes a orde e os anexos a cubrir.

Documentación a Entregar...

Unha vez cuberta a documentación, toda ela se entregará na Secretaría do centro SEMPRE con CITA PREVIA, chamando o teléfono do centro 881 930 076.

Entrega e Distribución das Mascarillas

Unha vez rematado o proceso e mercadas as máscaras, iniciarase o reparto no propio centro. No mes de Decembro. Anunciaremos chegado o momento.

TORNEO DE FÚTBOL SALA

Xa temos campión do torneo de fútbol sala de segundo e terceiro da eso.

Na foto están os finalistas que disputaron un gran partido o pasado luns día 3 de febreiro.

Tras un partido moi axustado e disputado, gañóu por un gol de diferencia o equipo dos Chekos a Ultimeit Tim. Tras dous meses de partidos con 7 equipos inscritos e máis de 50 alumnos participantes estamos moi contentos cos resultados do torneo.

Unha aposta do departamento de Educación Física e da dirección do centro para implementar accións de promoción da actividad física nos recreos.

Parabéns a todos os participantes grazas polo voso comportamento e colaboración.

 

PISTA DE XEO EN MARINEDA

A segunga quenda de alumnos visitou a pista de Xeo do Marineda City na Coruña.

O xoves 30 de xaneiro acudimos nesta ocasión con 122 alumnos de segundo ciclo da eso e os alumnos de Bacharelato. Outra xornada deportiva e de convivencia que disfrutaron alumnos e profes acompañantes.

    

NOTA IMPORTANTE CURSO 2018/2019

NOTA IMPORTANTE PARA ALUMNADO QUE SOLICITA BECA MEC CURSO 2018/2019

AL HACER LA SOLICITUD NO APARECE COMO LOCALIDAD CEDEIRA, HAY QUE BUSCAR COMO LOCALIDAD ACEA

Ciclo Medio de Instalacións Eléctricas e Automáticas

 

https://youtu.be/TOhaTSSbda8   - Vídeo xeral dos módulos
 
https://youtu.be/s3RdWjNXeBM   - Instalacións Interiores
 
https://youtu.be/ZBuQSsuqfm4     - Distribución e Automatismos
 
https://youtu.be/qkPDC7AkYJo     - Domótica
 
https://youtu.be/k0jzylAnB0o        -  Maqueta Interiores (reducido)

Solicitude matrícula ESO e BACHARELATOS 2018/2019

Para ver o impreso preme no curso correspondente.                        

1º ESO         

2º ESO           

3º ESO             

4º ESO           

1º BACHARELATO           

2º BACHARELATO

 

CADERNOS INFORMATIVOS 2017-2018

ANPA O Beco en colaboración con :

IES Punta Candieira 
CIM Ortigueira
Instituto da Muller

pon na entrada do centro a disposición do alumnado e das familias con carácter gratuito os seguintes cuadernos informativos de saúde :

1-Rapazas adolescentes.
2- A consulta xinecolóxica.
3-Anorexia e bulimia.
4-Familia e reparto de responsabilidades.

INFORMATE

No hay texto alternativo automático disponible.

CICLOS: OPCIÓN DE FUTURO

No IES Punta Candieira a FP é  sinónimo de oportunidade de traballo.

Aquí vos deixamos unhas fotos dalgúns alumnos que neste momento están a realizar as súas prácticas nas distintas empresas colaboradoras co centro.

 

Moita sorte a todos e todas!

 

PARA VER MÁIS FOTOS PREMA AQUÍ

Guía de Actuación Contra o CIBERACOSO para padres e educadores.

 

Máis información.

Convocado o concurso Eduemprende Idea 2017 dirixido ao alumnado das ensinanzas de formación profesional, deportivas ou de artes plásticas e deseño da Comunidade Autónoma de Galicia, sostidas con fondos públicos

  • O prazo de presentación de solicitudes será de 30 días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
  • Máis información no enlace
Distribuir contido