Último número

O Proxecto Hiperbaric continua!!!

 

Se non publicamos máis a miudo é porque estamos traballando duro...

O equipo Hiperbaric segue traballando na carrilana.

#moitotraballo #lovamosapetar #Hiperbaric

 

 

 

 

 

  

Tempo de Lecer...

 

Non vai a ser todo docencia e traballo na aula.

Os alumnos de 2º da FPB de Electricidade e Electrónica comezaron esta semana as prácticas na empresa da FCT e adicámoslle o último día da semana pasada a realizar un torneo de bádminton improvisado.

Enhoraboa rapaces e rapazas!!! Forza para o que queda de curso!! Xa queda menos!!!

As Raíces de Cedeira

 

Traballo de colaboración entre as alumnas de Igualdade de 1º da ESO e as de Coeducación para o Século XXI.

Un precioso e inmellorable traballo dunhas rapazas moi implicadas.

O noso pequeno grao de area difundindo o seu traballo para o seu recoñecemento.

Noraboa a todas e todos os participantes.


 

Entrega Caixa Hiperbáric I.E.S. Punta Candieira

    

O luns 21 de decembro os alumnos participantes do Proxecto Hiperbárico "Discalzos Racing Team", fixeron a entrega da Caixa Hiperbárica á gañadora do Sorteo Hiperbárico: Eva Durán Bereijo co número 284.

Parabéns e a desfrutar do premio.

O equipo Discalzos Racing Team e o Profesorado do I.E.S. Punta Candieira quere agradecer a ampla e xenerosa colaboración, de todos aqueles que participaron tanto na elaboración da caixa como na compra de boletos e difusión do sorteo.

TORNEO DE FÚTBOL SALA

Xa temos campión do torneo de fútbol sala de segundo e terceiro da eso.

Na foto están os finalistas que disputaron un gran partido o pasado luns día 3 de febreiro.

Tras un partido moi axustado e disputado, gañóu por un gol de diferencia o equipo dos Chekos a Ultimeit Tim. Tras dous meses de partidos con 7 equipos inscritos e máis de 50 alumnos participantes estamos moi contentos cos resultados do torneo.

Unha aposta do departamento de Educación Física e da dirección do centro para implementar accións de promoción da actividad física nos recreos.

Parabéns a todos os participantes grazas polo voso comportamento e colaboración.

 

Discalzos Racing Team!!!! ·# lovamosapetar

Acábanos de chegar a confirmación oficial, o noso plan de viabilidade pasa con nota a primeira fase de selección de proxectos...nuns días recibiremos o kit Hiperbárico e empezaremos a construír o noso vehículo de inercia.
Discalzos Racing Team!!!! ·# lovamosapetar

 

Distribuir contido