Radio patio

O Proxecto Hiperbaric continua!!!

 

Se non publicamos máis a miudo é porque estamos traballando duro...

O equipo Hiperbaric segue traballando na carrilana.

#moitotraballo #lovamosapetar #Hiperbaric

 

 

 

 

 

  

Tempo de Lecer...

 

Non vai a ser todo docencia e traballo na aula.

Os alumnos de 2º da FPB de Electricidade e Electrónica comezaron esta semana as prácticas na empresa da FCT e adicámoslle o último día da semana pasada a realizar un torneo de bádminton improvisado.

Enhoraboa rapaces e rapazas!!! Forza para o que queda de curso!! Xa queda menos!!!

Mapamundi dos Alumnos de 1º E.S.O.

O alumnado de 1º da E.S.O. do IES Punta Candieira elaborou durante o pasado trimestre este mapamundi que é froito da colaboración entre os departamentos de Debuxo (Consuelo), Xeografía e Historia (Andrés Rodríguez) e Francés (Ana, Nuria e Charo).

O mapa pon en relación seguintes contidos:

    • A temperatura da cor
    • As zonas climáticas
    • A diversidade cultural
    • Os paises francófonos 

O profesorado involucrado quere transmitir o alumnado participante o seu agradecemento polas aportacións das alumnas e dos alumnos e o orgullosos que están do resultado obtido, polo tanto só queda dicir: ¡¡Parabéns e moi bo traballo chicas e chicos!!

 

pd: se premedes na imaxe poderedes vela máis grande e inclusive descargala

Programación Radio Escolar - Curso 2020 / 2021

"Ensaio de frauta dos alumnos de 1º de Bacharelato A e B"

 

Os alumnos de 1º de Bacharelato combinan musicalidade e concentración nestas cancións:

"Chancellade" (popular francesa), "Saint Patrick an dro"(anónima irlandesa) e "Fiesta Pagana" (Mago de Oz).

 

 

 

 

Distribuir contido